Inmersos xa no outono, na Pementeira estivemos pintando unhas follas coas cores propias desta estación: marrón, amarelo, laranxa, vermello... Nesta ocasión empregamos ceras blandas.
Pintar é moi divertido. Aos pementeiros/as gústalles moito, así que onte e hoxe estivemos pintando unhas tartarugas como a do conto que lemos onte. Recordamos a historia narrada e Pablo demostrounos que prestara moita, moita atención porque cando falábamos do que lle ocurría a Lúa, que non quería ter amigos porque tiña moita vergonza, el díxonos que era TÍMIDA. ¡Xenial por Pablo que recordou esa palabra!
Hugo mais eu miramos o blog todos os días e bailamos e cantamos as cancions gracias por este blog que nos gusta tanto como me di hugo gustamos un monton
ResponderEliminarGrazas María (pola parte que me toca) aínda que a maior parte do mérito é dos nenos e nenas porque eles son os "actores" protagonistas. Estamos disfrutando de moitas cousas no cole e se vos mostran o que lles gusta e que están contentos, para min iso é un éxito enorme. Grazas por compartilo no blog.
EliminarQue bonitas quedaron esas tartarugas!!!
ResponderEliminar