Rematou xa a primeira semana de cole. Os pequepementeiros/as están tratando de adaptarse a cousas novas pero, a verdade, é que o van levando ben. No cole temos máis obrigas que na gardería e na casa e, as veces, non apetece facer o que pide a profe pero, pouco a pouco, eu sei que imos ir avanzando e asumindo certas rutinas como a cousa máis normal do mundo.
O venres xa estivemos máis tempo no cole e o grupo tamén era más numeroso así que tocou compartir xoguetes e a atención da profe con máis compañeiros que antes.
Cantamos unha canción para saúdar e iniciar a xornada xuntos, lemos o conto e, despois, estivemos probando a ver quen era capaz de facer a letra A coa plastilina. Houbo varios nenos/as que o intentaron e o conseguiron; outros/as non querían probar... Intentarémolo noutra ocasión.
Co segundo grupo, fixemos unha minisesión de relaxación porque compartir xoguetes e poñer chaquetas e mochilas puxo un pouco nerviosos a alguns pementeiros. Así que aproveitamos para introducir unha rutina habitual na "Pementeira": uns minutos de relaxación escoitando música clásica.
E agora, empezamos unha nova semana. Seguro que o pasamos moi ben!
A verdade e que o ver a sua cara seria a hora da entrada quedabamos algo preocupados, pero o ver estas imaxes e o intentar explicarlle que é fin de seman e non hai cole, xa nos quedamos moito mais tranquilos:)
ResponderEliminarGrazas polo traballo que estás a facer cos nosos peques.
Grazas por visitar o blog. Alégrome de que vendo as fotos vos tranquilicedes. É importante que os nenos/as noten que vós confiades nas profes e estades felices co que eles/as fan no cole. É a mellor maneira de que teñan ganas de vir, de aprender e de medrar, porque a vosa percepción do cole é fundamental para eles. Así que, espero que sigades tranquilos e confiedes en que queremos proporcionarlles aos vosos fillos experiencias divertidas, interesantes e significativas para eles. Imos poñer toda a nosa vontade en logralo e a vosa axuda será importante. GRAZAS!!!!
Eliminar