UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 17 de septiembre de 2015

EMPEZAMOS A VIAXAR

Estamos xa entrando de cheo no novo curso escolar 2015-2016. Despois dun mércores moi complicado, no que non había maneira de que nos concentráramos un pouquiño nas tarefas do cole e o alboroto parecía invadilo todo sen xeito nin modo, como unha cicloxénesis explosiva, chegou un xoves totalmente diferente. Hoxe disfrutamos do cole como a min me gusta: traballamos un pouquiño, lem
os unha historia fermosa sobre unha das pequenas bailarinas pintadas por Degas (da que, tamén, fixo unha delicada escultura), escoitamos música, cantamos, pintamos... En fin, que houbo tempo para todo. Os meus pementeiros sabían perfectamente que hoxe ía marchar para casa feliz, e  o meu coche ía ir dando saltos...


Aquí vos deixo un vídeo no que están traballando e escoitando a divertida peza de Leroy Anderson titulada "A máquina de escribir"

E para todos os que disfrutamos coa música pero tamén cos bos cómicos, déixovos un divertido vídeo no que Jerry Lewis interpreta esta xenial composición cunha linguaxe xestual insuperable.



Por outra banda, xa descubrimos cal vai ser o tema do noso novo proxecto de investigación. O martes os pementeiros estiveron buscando un montón de pistas pola aula de psico. Mesmo buscaron coa lupa por si había cousas moi pequenas que non se viran ben a simple vista. E atoparon moitas cousas. O malo foi que todas as fotos desa fructífera búsqueda "desapareceron" porque a tarxeta da miña cámara "rompeu". Sería por sobrecarga de traballo pero cando fun descargar as fotos no ordenador non funcionaba e perdín as fotos. Hoxe fixen de novo un par de fotos nas que podedes ver cales foron esas pistas que atoparon e como descubriron o tema do proxecto...








Pois si. África é o tema do noso proxecto para o curso 2015-2016. Xa veredes cantas cousas interesantes aprendemos. Ídesvos sorprender. 

2 comentarios:

  1. Guauuu que ben o van a pasar estos pementeiros e pementeiras nesta viaxe!!! cantas aventuras lles esperan!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Espero que si! Eu estou segura de que moitas familias se van sorprender de todas as cousas marabillosas que se atopan en África e van disfrutar cos pementeiros descubríndoas. Seguro que todos imos aprender moito xuntos!

      Eliminar