Hoxe tivemos un estupendo día na Pementeira. Foi un fantástico luns no que os nenos e nenas non dubidaron en elixir a Kirikú como o protagonista da xornada escolar. O venres coñecemos a este rapaciño africano que, malia ser ben pequeniño, resultou ser moi decidido e valente. O pequeno Kirikú, nada máis nacer, xa foi co seu tío ao territorio da bruxa Karabá.
A verdade é que eu pensei que, o venres, os pementeir@s escoitaran a historia de Kirikú sen moito entusiasmo, aínda que, certamente, estiveran atentos e calados (o cal non é moi habitual).Pero, cando hoxe preguntei que conto querían escoitar, Iker levantou a man rapidamente e dixo: ¡Kirikú!
E, nese intre, de xeito espontáneo os demáis pementeiros/as empezaron a cantar a coro: ¡Kirikú, kirikú!
Sorprendéronme,a verdade, e quixen rexistrar o momento...
Despois do conto fixemos unha actividade sobre montañas.
Aprendemos que:
- A montaña máis alta de África é o Kilimanjaro (que, realmente é un volcán).
- A montaña máis alta de Galicia é Peña Trevinca.
- A montaña máis alta de España é o Teide (que está nas Illas Canarias, en Tenerife) e, na Península, o Mulhacén.
- TEIDE
- MULHACÉN
- E para rematar, aquí tedes un vídeo no qu podedes ver que, cando queren, os pementeir@s saben traballar con tranquilidade, sen berrar, pedindo as cousas con educación... Así dá gusto vir ao cole porque podemos facer moitas cousas diferentes e disfrutalas sen perder tempo repetindo centos de veces o mismo para acabar berrando.
Ahhhh ahora ya entendemos tanta información de montes y montañas jajaja leo le preguntó a su padre si había subido el mulhacén en bici jajaja,por cierto,los cuentos estarán resultando un éxito porque hoy no nos paró de hablar de uno que creo que se llama "chocolata" que le encantó,el proyecto de este año es muy muy muy interesante y me da a mi que aprenderemos muchiiisimas cosas!!!
ResponderEliminarJajaja, nada más entrar por la mañana me dijo: Sabes Teté? Ya sé dónde está el Mulhacén! En Sierra Nevada!. Así que ya veo que la investigación siguió en casa. Seguiremos investigando y leyendo cuentos (que los hay preciosos sobre África). Ya veréis qué bien nos lo pasamos este año. Gracias por visitarnos y dejar tu comentario!!!!
Eliminar