UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 27 de septiembre de 2015

ACHEGÁNDONOS A ÁFRICA

Durante esta pasada semana estivemos achegándonos un pouquiño ao continente africano.
Primeiro estivemos compoñendo un gran mapa...







Despois de organizar ben as nove pezas, cada pementeiro/a foi pintando un dos países que forman parte de África (porque é un continente moi grande que ten 54 países). Pero aínda nos queda moito por pintar.









Tamén iniciamos o "Panel das tres preguntas" que nos axudará a organizar o proxecto xa que vai dando pistas sobre os coñecementos previos dos nenos e nenas e sobre os seus intereses...




Ao longo da semana tamén tivemos tempo para xogar...







E agora toca iniciar unha semana nova chea de actvidade, de novas aprendizaxes e de experiencias diversas. Seguro que o imos pasar ben!




2 comentarios:

  1. Apasionante aventura a que comenzaron estes rapaces e rapazas da aula a pementeira. Van a descubrir un montón de cousas que lles van a encantar e a impresionar. Disfrutadeo todos, nenos e nenas, profes e tamén papis e mamis.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu tamén espero que África conquiste aos pementeir@s e as súas familias!. Estou convencida de que os nenos van disfrutar moito (e eu, por suposto, máis aínda, jajajaja) Grazas Pili por seguir visitándonos e deixar o teu comentario.

      Eliminar