O pasado venres tivemos a nosa terceira sesión de yoga. Os pementeiros/as teñen moitas ganas de ir para a aula de psico e mover o corpo pero aínda costa un pouquiño manter a concentración e esforzarnos con algunhas ASANAS (posicións) que nos esixen estirar moitos músculos, manter o equilibrio e coordinar os movementos de distintas partes do corpo. Penso que nos ven moi ben a todos para ir controlando esta impulsividade que predomina nas accións dos nenos e nenas de 4 anos. Aínda que, ás veces, hai posicións que lles costan moito traballo, tamén é certo que a medida que as practicamos xa as reproducen mellor e reciben con moito orgullo os eloxios. Encántalles que lles saque a fotografía cando fan algo ben, así que animádeos a seguir entrenando, a escoitar as indicacións e a ter paciencia. Cada día obteremos mellores resultados, si somos constantes e valoramos o esforzo como un medio de avanzar e superarnos a nós mesmos.
A ver que vos parece ...
1.- VIRABHADRASANA 2 ( POSTURA DO GUERREIRO 2)
2.-SETU BHANDA (POSTURA DA PONTE)
3.- PRASARITA PADOTTANASANA
E rematamos a sesión coa relaxación final...
4.- VIPARITA
No hay comentarios:
Publicar un comentario