Esta entrada ten un título un tanto peculiar porque, pensaredes vós, non dá moitas pistas sobre o tema principal do que imos falar. Pero así son moitos días no cole e na Pementeira, cheos de actividades e ao longo desta semana, como nos gusta en infantil, fixemos MIL COUSAS: cantamos, bailamos, practicamos ritmos, facemos ioga, modelamos, lemos libros, xogamos... Hoxe foi un día moi completo e pasámolo moi ben.
Empezamos a rutina "Venres:100% saudable" tomando froita para merendar. Todos os nenos e nenas que trouxeron froita de merenda colocaron un gomet no panel, que temos na aula cos nomes de todos os pementeiros/as, para ir enchendo ao longo do curso.
Os papás e mamás, e os pementeiros/as tamén, teñen que ter presente que o gomet só se consigue se a merenda deste día consiste en comer froita (non vale traer outras cousas para "completar", se a merenda parece pouca pois hai que traer máis froita; o reto consiste en facer do venres un día distinto, comendo máis sano e evitando galletas, boliños e outros alimentos que os máis pequenos xa toman de xeito cotián). Quedan moitos venres por diante e os que queiran superar este obxectivo 100% saudable teñen tempo aínda pero, recordade, comer froita é comer froita, así de simple, non é beber un zume envasado, non é traer un cachiño de mazá e comer unhas galletas, non é tomar un iogur con sabor a fresa... A froita é necesaria, é agradable, é beneficiosa e esta proposta (recordade que é voluntaria, non hai sanción de ningún tipo por no participar) pretende que os nenos se habitúen a a inxerila e apreciala. Non hai premio se non hai implicación. ¡Ánimo e a seguir participando no reto! Os venres serán 100% saudables comendo moita froita... e practicando ioga!
Pero facemos moitas máis cousas. Nesta semana estivemos observando un peixe globo auténtico, e coral, que trouxo a teacher Bea (para todos os nenos e nenas de infantil) e nos deixou abraiados.
Disfrutamos un montón lendo libros sobre o mar, observando as magníficas fotografías dalgúns libros (concretamente o libro que trouxo Carmen causa furor na Pementeira, e non me extraña porque é impresionante).
E cada día parece que nos gusta máis modelar coa plastilina. Alejandro Vázquez Seco está moi animado co proxecto do mar e está descubrindo que pode reproducir moitos animais mariños. ¡Gústame ver como se esforza en poñerlle os elementos que os caracterizan! Modelou un peixe globo, un tiburón martelo e un cachalote.
Icía, Mario e Alejandro Vázquez Seco modelaron tartarugas igualiñas que a nosa Moby Dick. E Enzo e Óscar fixeron medusas.
E aínda estamos a recibir cousas para o recuncho. Alejandro Vázquez Seco trouxo un cabaliño de mar (ou hipocampo como agora nos gusta chamarlle) precioso que lle mostrou con moito coidado a todos os compañeiros/as.
Enzo trouxo outro peixe e unha ostra cunha perla feitos por el na casa e que lle quedaron moi ben.
Estamos aprendendo moitas palabras novas con este proxecto Nautilus. O outro día lendo unha adaptación do magnifico relato de Julio Verne "20.000 leguas de viaxe submariño" coñecemos un animal chamado NARVAL que é parecido a unha balea e un cachalote e que ten o corpo con manchas no lombo e a barriga blanca e unha especie de corno, un dente moi longo e estreito, que aos pementeiros lles recordou a un peixe espada.
Ese "corno" do NARVAL pode medir 2 metros, así que empregando unha cinta métrica debuxámolo no chan e comprobamos que é tan longo como dous nenos. ¡Mirade!
E sempre, sempre, cantamos moito...
E certo non parades pememteir@s!!😅, Enzo explicounos que o día saludable era só para comer froita na merenda, a el non lle gusta moito a froita pero "me la como igual😅😅😅", e a hora do baño acordoulle explicarnos ioga, asique para relajarnos acercamos el culete a la pared nos tumbamos y levantamos los pies, Icía bebe tamén fixo ioga😅😅😅
ResponderEliminar¡Estupendo! Gústame que se animen a seguir practicando. Cóstalles bastante traballo facer algunhas posicións sobre todo polo equilibrio (o cal é lóxico, ata o de agora aínda non teñen moito equilibrio e hai posicións complicadas ata para os adultos) e, tamén, porquenon están afeitos a estirar, tensar, os músculos e iso non é fácil tampouco. Gústame ver que o intentan, que se esforzan e que se cansan... a medida que vaian comprendendo que ese esforzo lles fai mellorar e sentirse mellor cada día, disfrutarán máis profundamente de moitas actividades. Son unha profe un pouco "clásica" e penso que o esforzo, a constancia, o afán de superación son motores básicos da aprendizaxe e da evolución e iso é complicado que se valore ou se entenda aos 4 anos. Por iso ver que na casa os animades, que facedes cousas con eles, que valorades os progresos que fan e o que aprenden no cole é moi importante e moi gratificante para min! Grazas!
Eliminar¡Xenial! pois a facer ioga ou calqueira tipo de actividade física e a comer froitas e verduras. A ver se, entre todos, logramos mellorar hábitos e vivimos con máis saúde e durante máis tempo! Grazas por participar no reto e por seguir, tamén, na casa con estas propostas xa que iso anima moito aos peques e fai que vexan o cole dun xeito positivo!
ResponderEliminar