Aínda queda un mes para o entroido. Pero como o tema deste ano é moi artístico, as profes pensamos que era bo plantexar propostas para os disfraces con tempo suficiente, para poder buscar cousas con calma e facer traxes ou accesorios se alguén quere .
Evidentemente o tema común para infantil é "A volta ao mundo en obras de arte" así calqueira obra de arte ou calqueira artista é oportuno para tomalo como modelo do noso disfraz.Na nota que levaron os nenos/as para as casas xa aparecían algúns exemplos e internet, por suposto, sempre é un banco de recursos importante. De todos xeitos aquí vos deixo algúns modelos de disfraces que vos poden servir para imitar ou para darvos novas ideas máis orixinais.
Velázquez e as Meninas
Frida Kahlo
Un vestido estilo Mondrian ou estilo Miró.
Salvador Dalí, Andy Warhol ou Picasso
A Estatua da Liberdade
Torre Eiffel
E dentro do mundo da pintura os exemplos son innumerables. Calqueira personaxe pode ser motivo dun bonito disfraz: "O pífano" de Manet, a "Duquesa de Alba" de Goya, o "Arlequín" de Picasso, o "Cabaleiro da man no peito" do Greco...
En fin, deixade voar a imaxinación. A amplitude do tema permítenos facer cousas moi dierentes así que podemos facer un entroido ben creativo e divertido.
Moitas grazas!!!😊, no noso caso temos sorte porque cando llo dixemos a Enzo e lle puxemos exemplos xa tivo a idea moi clara 😂😂😂, asique toca confecionalo e botar unhas risas na casa😃
ResponderEliminarXa o dixo no cole, non sei se mantería a idea na casa, pero en canto lles empecei a explicar o tema do entroido e puxen imaxes na PDI e todo iso, el xa dixo correndo de que quería ir. Xa verei se o cumple, jajajaja! Por iso quixemos facer a proposta con tanto tempo, porque así buscando cousiñas seguro que se poden facer na casa. ¡Teño unhas ganas de ver como veñen!
EliminarMarcos xa pideu tamen na porta do cole o viernes. A ver se vai ser o mesmo e se puxeron dacordo... Ja, ja, ja.
ResponderEliminarPois ata pode ser que sí! jajajaja. Aínda queda tempo e poden cambiar de idea ou ver máis cousas que lle chamen a atención.
EliminarEu estou máis ou menos igual! Tampouco o teño moi claro! Pois teremos que tomar unha deisión e poñernos a traballar!
ResponderEliminar