Chegou o final da semana. O venres foi un día tranquilo pero con actividades variadas, coma sempre na nosa aula. O Willy Fog do día foi Hugo, que estaba moi impaciente. Non lle daba chegado o día! Cando o luns lles dixen os nomes dos encargados de toda a semana (imos por orden de lista) xa case lle dá algo ao escoitar o seu nome, pero xa quería ser Willy Fog o martes, e o mércores e o xoves (empeñado en que eu llo dixera) así que, por fin, chegou o seu momento. ¡Estaba tan orgulloso e tanto lle pareceu que tivera que esperar que ata estaba nervioso!
Mario trouxo otro móbil para o noso corredor, feito cos tubiños de cartón do papel hixiénico. Quedoulle moi orixinal ; recordounos un pouco ás campaniñas de vento. Tamén trouxo unha reproducción dunha pintura de Miró, "O nacemento do día".
E hoxe os nenos e nenas de "A Sementeira" e o "Paseo do Espolón" traballaron moito no noso "GUERNICA" e xa o temos case rematado.
Dentro da aula estamos intentando conseguir concentrarnos no traballo individual que facemos na mesa, nas actividades impresas, e para axudarnos a estar máis tranquilos e calados botamos man da música clásica. Como podedes ver no vídeo, de cando en vez conseguimos ter momentos de calma total e, a continuación, pasamos a cantar con alegría e forza.
Non sei a vos, pero a min o vídeo ponme no disponible ???
ResponderEliminarA min descargamo ben Pili
EliminarAGora si. No ordenador. No movil non era capaz. Gracias
ResponderEliminar