UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 2 de junio de 2016

¡VERO BOQUETE NO COLE!


Hoxe foi un día estupendo porque recibidos unha visita moi interesante no cole. A xogadora de fútbol Vero Boquete estivo toda a mañán contándonos cousas da súa profesión, xogando no patio e firmando autógrafos e camisetas sen perder o seu sorriso nin un segundo. 


Foi un auténtico pracer coñecela a ela e, tamén, saber dos seus proxectos: a súa escola para potenciar a práctica do deporte e a transmisión dos aspectos técnico-tácticos do fútbol; e, por outra banda, a súa colaboración na campaña "Goal Hambre" destinada a recaudar fondos para construír unha escola de fútbol en Arusha (Tanzania).


http://escola.veroboquete.com/escola-vero-boquete


http://www.eurosport.es/futbol/vero-boquete-embajadora-de-la-campana-goal-hambre-contra-la-pobreza-infantil_sto5576370/story.shtml

Vero tivo tempo de xogar con todos os peques, de demostrar a súa destreza co balón e de marcar algún que outro gol. Pasámolo en grande...










































 Fixemos dous equipos para xogar un partido. E cada equipo tiña o seu porteiro obviamente.





















































 Vero explicounos que cando marca un gol celébrao poñendo a man aberta sobre a cara e que iso simboliza un pulpo, que para ela é como homenaxear á nosa terra, sinalar que é galega.




 Firmou moitísimos autógrafos, para que cada neno/a tivese un recordo persoal dela.


































 Aquí están algúns nens/as coa profe Ana preparando a entrega do noso regaliño para Vero: un balón coas firmas de todos os alumnos e alumnas de educación infantil.












                                      












¡GRAZAS  VERO! 

E como Vero colabora cunha ONG que traballa en África, a profe Ana Caneda invitouna a visitar o espazo de infantil e ver toda a decoración que realizamos este ano para o desenvolvemento do noso proxecto. Mirade que fotos máis bonitas lle sacou!
¡Grazas Ana, por facilitarnos esta actividade tan gratificante, tanto polos aspectos deportivos como por cuestións relativas a valores humanos!





4 comentarios:

  1. Parabéns a quen conseguíu que Vero Boquete visitase o noso cole, sin duda a sua visita foi moi emocionante para os nen@s. Nora chegou a casa pedíndome que a apuntase a futbol... Grazas Vero!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Foi unha experiencia estupenda, Vero Boquete non pudo ser máis amable, divertida e colaboradora! E foi grazas a Ana Caneda. Grazas, Pili, por valorar todas estas cousas (como fas sempre).

      Eliminar
    2. Pois grazas Ana Caneda 👏👏👏

      Eliminar
    3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      Eliminar