UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 1 de junio de 2016

CEBRAS

Temos un novo reto resolto. Nesta ocasión tiña que ver coas cebras. O venres pedín aos pementeiros/as que investigaran sobre se as cebras se podían domesticar e, por outra banda,  que buscaran a razón pola que as cebras, cando descansan, se colocan unha mirando cara un lado e outra cara o outro desta maneira:

E aquí temos aos vencedores do reto:












Como podedes ver Nora, Ana, Noa, Roi, Inés e Anxo trouxeron moita información sobre o tema.
¡PARABÉNS chicos/as!

En principio, parece ser que as cebras non son moi dadas a deixarse domesticar porque son animais moi imprevisibles e difíciles de controlar, sobre todo cando están nerviosas. Pero houbo algúns intentos de facelo. Por exemplo un médico en Nairobi empregaba unha cebra como medio de transporte cando ía visitar aos enfermos (en lugar de ir a cabalo como sería o más habitual na época) e, tamén, Lord Rothschild tiña un carruaxe tirado por catro cebras que deixaba a todo o mundo abraido cando circulaba por Londres. Anxo tamén nos contou que hai unha cebra domesticada en Madrid.
       Sobre a segunda parte da investigación, hoxe aprendemos que as cebras descansan unha mirando cara un lado e outra cara o outro por dúas cuestións básicas: unha, para espantar as moscas da cara da compañeira coa cola e dúas, para vixiar se un depredador merodea polos arredores disposto a comer cebra.

O venres as profes Ana e María foron cos seus nenos, e unha representante da aula "A Pementeira", visitar as aulas de primaria para invitar a todos os que quixeran a ver a decoración africana da zona de infantil.



E o luns, os alumnos e alumnas de 5º curso da profe Teresa viñeron visitar a nosa "exposición" e Anxo e Leo saíron voluntarios para facer de guías e explicáronse algunhas cousiñas aos visitantes.





¡GRAZAS  CHIC@S  E PROFE TERESA POLA VISITA E POLA VOSA ATENCIÓN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario