UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 18 de junio de 2016

¡MECÍA XA TEN 6 ANOS!

¡Outro cumple na Pementeira! Onte celebramos o cumple de Mencía e fixémolo arredor da "Árbore das Palabras" ou como dixeron os peques de 3 anos a "Árbore das galletas". Mencía trouxo un espectacular baobab (feito polo artista do seu papá Diego ) cargadiño de galletas "africanas" feitas pola súa tía que, con unha boa dose de creatividade, representou as pelaxes de diferentes animais (cebra, xirafa, leopardo, serpe...), o mapa de África, o baobab, o lago Tanganika... En fin, tanto o gran baobab como cada unha das galletas son auténticas obras de arte. ¡Hay familias que nunca deixarán de sorprenderme! ¡É fantástico como se mergullan nos proxectos do cole e axudan aos seus nenos/as -e ao resto da clase- a sentirse motivados e felices co que aprenden! ¡GRAZAS!













Os pementeiros e pementeiras quedaron tan impresionados coma min, sen dúbida. E estaban desexando probar esas galletas tan chamativas e cheas de cores...
Mencía apagou as candeas, escoitou a canción de cumpleanos feliz e, finalmente, chegou o momento de comer as galletas. ¡Foi un cumpleanos precioso!













As profes de infantil tamén probaron as "galletas de  baobab" e quedaron impresionadas coa sorpresa que nos trouxo Mencía.



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario