UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 8 de diciembre de 2015

UN LUNS VARIADO

Vaise achegando o Nadal e temos moita actividade pola Pementeira. Tivemos celebracións de cumpleanos, concursos de tarxetas de felicitacións, preparación das portadas para os nosos traballos, panxoliñas en inglés e, agora, estamos a recibir adornos para a nosa árbore de Nadal.














 










¡GRAZAS  A  TODOS/AS  POR  COLABORAR 
 NA  DECORACIÓN  DA  NOSA   ÁRBORE 
DE  NADAL! ¡ESTÁ  QUEDANDO  REQUETEBÉN!

Ademáis, aínda chegan cousiñas para o noso recuncho africano. Inés trouxo unha xirafiña de xoguete e Mariña e Nora chegaron as dúas coa mesma nova que apareceu no xornal o fin de semana. Mirade:
¡Así me gusta! temos que estar atentos ao que pasa polo mundo e, agora, estamos xa intrigadísimos e temos moitas ganas de saber se Nefertiti está nesa cámara secreta que atoparon na tumba de Tutankhamon.
 Por outra banda, seguimos traballando un pouquiño e eu sigo a intentar que os pementeiros se acostumen a facer as tarefas impresas en silencio, concentrados e, á vez, relaxados, para o cal xa sabedes que me gusta poñer música que sempre axuda a facer o ambiente máis agradable (non sempre o consigo, pero eu persevero)


Alonso trouxo un libro de Kirikou que nn tiñamos na aula. O luns disfrutamos a tope lendo esta aventura do intrepido neno africano que sempre emprega a súa inteixencia para solucionar os problemas que xurden no seu poblado. Grazas Alonso e, sobre todo, grazas Antía (irmá de Alonso e ex-pementeira que xa está en 3º de primaria)) por prestarnos este precioso libro.

E, outra cousa máis, as nosas portas seguen a aparecer decoradas con coloridos motivos africanos. Cando entrades en infantil, entrades nun mundo diferente, cheo de nvas experiencias. Mirade, a un lado están os guerreiros masai vixiando o paso de intrusos, e ao outro lado dúas mulleres africanas vos dan unha amable despedida cando marchades.

En canto á preparación das portadas dos traballos... xa volo contarei noutro  momento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario