UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 6 de diciembre de 2015

FUNDACIÓN GRANELL E MUSEO DO PRADO

Esta semana na Pementeira descubrimos a resposta ao último reto. Parece que tamén foi bastante complicado pero, finalmente, houbo resposta acertada e, ademáis descubrimos outras cousas interesantes relacionadas con ese reto.
A pregunta plantexada era:
¿En qué museo, fundación, organismo en Santiago de Compostela podemos ver algunhas obras de arte africanas?
Pois ben, en principio chegaron algunhas respostas sobre o Museo de Historia Natural no que hai un diorama da sabana africana
 
e unha mostra importante de cunchas marinas maoiritariamente de Cabo Verde. 
Pero os tiros non ían por aí, aínda que unha visita a ese museo pode ser realmente interesante.
A resposta correcta era a Fundación Granell que ten varias pezas de arte étnico africano, entre elas esta máscara que nos mostra Sara.
 Eugenio Granell foi un pintor surrealista, da Coruña, que tamén foi facendo ao longo da súa vida unha importante colección de obras de arte moi diferentes. Na súa colección étnica podemos ver máscaras, xoguetes e obxectos de lugares tan diferentes como Santo Domingo, Filipinas, Polonia, Estados Unidos ou África.
¡PARABÉNS SARA!

Por outra banda, aínda recibimos un par de cousiñas para o recuncho africano. Leire trouxo un papiro e Inés unha revista que nos fala da orixe africana da especie humana e o descubremento de importantes restos fósiles do Homo  Naledi en Sudáfrica.

Pero non só falamos de África na Pementeira. Como todo o relacionado coa arte é algo que nos gusta moito, pois esta semanaestivemos "visitando" o Museo do Prado cunha historia moi divertida que nos regalou Noa para a aula.

Tras a lectura do conto, estivemos falando sobre as obras que máis nos gustaban. Algúns decantáronse polo "Xardín das Delicias" do Bosco.
Outros polas "Meninas" e o "Retrato de Baltasar Carlos a cabalo" de Velázquez, ou o "Can enterrado na area" e "As xigantiñas" de Goya.
 
 




A min encántanme o "Autorretrato" de Durero e "Atalanta e Hipomenes"de Guido Reni.

Pero un dos cadros favoritos dos pementeiros é, sen dúbida, "O cabaleiro da man no peito" do Greco. Sobre esta obra fixemos unha actividade na que recollemos os principais datos da famosísima pintura.









Se atopades outro cadro que vos guste máis do Museo do Prado, xa sabedes, podemos engadilo a esta lista de obras favoritas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario