UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 10 de diciembre de 2015

HATHOR

Onte foi día de reto, e este último enigma que os pementeiros tiñan que resolver estaba relacionado coa decoración do noso corredor de infantil, concretamente con esta imaxe:









A pregunta era: ¿Quen é esa deusa exipcia representada na pintura, e como se chama ese "bastón" que leva na man?
Pois aquí están os gañadores do día coas súas respostas:



 Como vedes, o nome da deusa é HATHOR, deusa do amor, a alegría, a danza e as artes musicales. Recoñécese polos cornos de vaca que leva na cabeza e o disco solar. Os tres investigadores trouxeron correctamente o nome da deidade pero só Inés apuntou o nome do "bastón", SISTRO, un talo de papiro.
¡Parabéns aos gañadores! Pero, tamén, quero felicitar aos que o intentaron e trouxeron unha resposta (aínda que non fose a correcta). Seguide intentándoo. Veredes que ben vos sentides cando acertedes e poña a vosa resposta e a vosa foto no blog. E o mismo lles digo aos que aínda non o intentaron nunca. ¡Ánimo! ¡Investigar é divertido!

 E como o día empezou con tema exipcio, pois aquí vos deixo unhas fotos dos faraóns da Pementeira.












 





No hay comentarios:

Publicar un comentario