Como ven sendo habitual nestes últimos anos, o cole Rosalía de Castro ten convocado un concurso de postais ou felicitacións de Nadal.
Na aula "A Pementeira" varios nenos/as quixeron participar e trouxeron a súa tarxeta de felicitación. Hoxe fomos todos xuntos visitar a exposición que hai nos corredores e estivemos vendo cales nos gustaban máis. Agora temos que esperar a ver quen é o gañador ou gañadora do concurso.
E, a continuación, podedes ver como os pementeiros/as ían mirando as postais e buscando as súas preferidas. Por suposto as imaxes de Papá Noel e as tarxetas con purpurina son as que máis lles gustan.
Encántame ver o corredor do cole tan decorado!! Moita sorte a todos os pementeiros e pementeiras no concurso de postais!!
ResponderEliminarA verdade é que sempre é agradable ver como os nenos e nenas se animan a participar nestas actividades. Certamente os corredores están máis bonitos así.
EliminarQue alegria da ver que aos nenos e nenas de infantil lles gusta participar nos concursos do cole.A ver si este ano a postal gañadora sae dos artistas mais pequenos.
ResponderEliminar