Hoxe foi in día ben completiño na "Pementeira". Tivemos que rematar as nosas bolsas (para evar os traballos do primeiro trimestre ás casas), colocar as nosas estrelas na árbore que está na porta de transición entre infantil e primaria, recibir aos paxes reais que chegaron por sorpresa ao cole.... ¡UFFFFF! case non nos da tempo a todo.
1º.- Proceso de elaboración das bolsas de materiais. Ao longo destas dúas últimas semanas estivemos elaborando as nosas bolsas de Nadal. Cada neno/a foi o encargado de pintar a súa bolsa e colocarlle os accesorios correspondentes (cinturón, febilla e botóns). Para a parte posterior pintaron unha Estrela de Belén con pintura amarela e purpurina (¡non hai Nadal sen purpurina!).

En fin, centrémonos no tema. aquí vos deixo as fotos dos vosos cativos/as traballando na decoración das súas bolsas.
2º.- Colocación das nosas estreliñas de cores (con purpurina, of course) na porta de infantil. Ao longo da mañán fomos colocando as estreliñas facendo a forma dunha árbore. ¡Quedou realmente vistosa!
3º.- Visita dos paxes reais. Pola tarde tivemos unha das sorpresas que máis lles gustan aos nenos. Caladiños, sen facer ruído, chegaron ao cole os paxes das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Os Pementeiros/as quedaron bastante sorprendidos, case non se atrevían nin a falar nin a achegarse a eles... e para rematar a estupenda sorpresa recibiron un agasallo: unha bolsa de chuches!
No hay comentarios:
Publicar un comentario