Hoxe foi o día da entrega de traballos e notas e, tamén, o día no que nos despedimos. Agora temos dous mesiños de descanso nos que poderemos durmir máis, ir a praia, viaxar, pasar máis tempo no parque e disfrutar de divertidas xornadas de verán cos amigos e a familia.
Todos os pementeir@s estaban radiantes coas súas bolsas decoradas con medusas, desexando mostrarvos os seus traballos e as súas notas. Espero que todos os papás e mamás as recibirades coa mesma ilusión coa que eles/as as levaron.
Despois da entrega solemne das bolsas, estivemos vendo a actuación de onte no blog. E aínda volveron bailar "Tú te me dejas querer". Non sei eu, pero algún destes pementeir@s pode que faga carreira neste mundo do artisteo. E como non era cousa de poñerse a facer moito máis o ultimo día de cole pois decidmos que tamén había que despedirse dos xoguetes que temos na aula de psico...
¡FELIZ VERÁN CHICOS E CHICAS!
Feliz verán para ti tamén Teté, e recarga moita enerxía que seguro que os pementeiros volven con forza.
ResponderEliminarGrazas Lucía, disfrutade moito do tempo libre, do sol e da praia. A min xa me están dando voltas pola cabeza algunhas cousas para o novo curso. A ver se podo con eles, jajajaja.
EliminarFeliz verán para ti tamén que é máis que merecido. É noraboa polo traballo e dedicación de todo o curso.
ResponderEliminarGrazas Almudena e familia, por estás palabriñas e polo trato que me déstedes todos vós durante o curso. Faime falta descansar pero xa boto de menos aos nenos/as jajajaja, non sei que me da ver a clase vacía todos os días, e xa estou pensando en cousiñas para o novo curso! Seguro que imos ter un bo ano. Unha aperta!!!!!
Eliminar