Seguindo coas merendas saudables no cole, o xoves tocounos merendar plátano e o venres peladillo (como nós lle soemos chamar á nectarina). Imos conseguindo comer a froita que nos trae Manolo cada día pero é certo que hai algúns e algunhas pementeir@s que non parecen moi habituados a saborear e disfrutar destes manxares naturais (a algúns ata lles costa tocar a froita coas mans) De todos xeitos, este programa de merendas saudables está servindo para que proben novos sabores e aprecien novas texturas, e coman polo menos un pouco de froita en lugar de merendar sempre galletas, bolos de elaboración industrial e cousas dese tipo. A min sorprendeume ver algunhas caras cando probaron certas froitas e gustoume ver como moitos nenos/as comeron perfectamente estas merendas tan saudables.
E despois aínda tomaron a súa merenda e ¡sorpresa! Zinthia e Roi tiñan ¡outro plátano!
E, para rematar a semana, merendamos un peladillo ou nectarina.
¡Que ben senta comer froita!
No hay comentarios:
Publicar un comentario