Seguimos a ter celebracións de aniversarios na Pementeira. Levamos unha temporada que non paramos. O venres tocoulle o turno a Antía. en realidade cumple o día 15 pero como estamos en plenas vacacións de Pascua, pois quiso compartir cos seus compis unhas galletas o último día deste trimestre.
Como ven sendo habitual, o primeiro é apagar as candeas e despois... ¡a comeeeeer!
Como podedes ver, na Pementeira non sobra nin media galleta. Aquí, cando celebramos un cumple, non quedan nin as migallas do banquete.
No hay comentarios:
Publicar un comentario