O venres, cando cheguei ao cole, pareceume escoitar un ruído polo patio de infantil. Non había ningún neno aínda por alí así que... ¿quen estaba facendo ese ruído?. Prestei máis atención e pareceume ver unha cousiña branca e peludiña. Eu non sei ben o que era porque desapareceu correndo pero... ¿sería o coelliño de Pascua? Cando llelo contei aos "pementeiros", elos xa me confirmaros que era o coelliño porque algúns tamén o viron. E algún neno ata me dixo que atopara un ovo de Pascua debaixo dunhas herbas.
En fin, o caso é que quedamos intrigados e na hora do recreo estivemos buscando a ver se atopabamos ovos polo patio. Pero nada de nada. E como os nenos e nenas de infantil non querían entrar no cole sen buscar ben, pois decidmos ir buscar tamén no outro patio...
¡Qué sorpresaaaa! ¡Tiñan razón os nenos/as! ¡Mirade!
Por fin un bo día para poder disfrutar no parque. Gracias polas reportases de parte de Lucía e familia.
ResponderEliminarFoi moi divertido ver como buscaban e como se emocionaban cando atopaban algún ovo! Pero a verdade é que con tanta calor case non lles daba tempo de comer porque o chocolate derretíase rapidamente, jajajaja!
EliminarGrazas por visitarnos e por deixar un comentario!
Un ano máis o coelliño de Pascua non se esqueceu de pasar polo Rosalía e deixarnos uns agasallos moi pero que moi ricos. Estivemos atentos e atentas durante toda a mañá para ver se o localizábamos pero un ano máis xogou ao despiste! jeje
ResponderEliminarpasámolo estupendamente!!