Hoxe xoves enchemos o cole de disfraces de todo tipo. Os pementeir@s viñeron realmente guapos e pasamos un día superdivertido.
Pola tarde moitos nenos tiñan ganas de xogar coa plasti e de "escribir" o seu nome. Mirade que ben o saben poñer.
E mañán, todos preparados para disfrutar dos contos e historias medievais, para vir moi elegantes vestidos de personaxes como San Jorge de Capadocia, ou o Rey Arturo, ou Robin Hood e o Flautista de Hamelin, ou Mérida e Rapunzel... en fin temos moito onde elixir. E todos imos bailar una danza medieval e disfrutar do Entroido con merendola incluída.
¡GRAZAS AOS PAPÁS E MAMÁS POLA COLABORACIÓN!
A verdade e que estaban todos guapísimos onte. Pero seguro que hoxe están ainda mais guapos...
ResponderEliminarOs dous días viñeron requeteguapos todos os nenos de infantil!. Penso que os máis pequenos xa lle están empezando a coller o gusto a isto de disfrazarse e de participar nas actividades do cole.
Eliminar