Onte, mércores 29 de outubro, celebramos no cole a Festa do Samaín. As aulas de infantil enchéronse de bruxas, esqueletes, monstros, cabazas, vampiros... Daba medo pasar por alí. Pero, a verdade é que o pasamos moi ben. Mirade que elegantes estaban todos...
E a continuación todo o mundo a bailar!
E para rematar unha xornada festiva, nada mellor que comer unhas boas castañas asadas aproveitando o día frío pero sen choiva.
Como vedes foi un día ben completiño. Agora a descansar uns días e á volta xa veremos que máis actividades nos esperan no cole.
Pero bueno! vaia bruxas e monstros que temos na aula de 3 anos do cole. Dan medo con soamente mirar as fotos!! jajaja
ResponderEliminarfoi un día estupendo. Pasárono de rechupete xogando a dar sustos terroríficos e bailando. Xa non digamos á hora de comer castañas!! Demostraron ser uns auténticos lambóns!!
Supoño que o obxectivo era que o pasaran ben e se se conseguiu, Misión Cumplida!!
ResponderEliminarPois sí, en xeral foi un bo día, disfraces preciosos, fotos (algúns posando como auténticos artistas), castañas (algúns aínda quixeron a súa merenda), baile, entrega de premios e acabamos bailando o Hoky Poky que cada día nos gusta máis. Non hai queixa, agora toca esperar á seguinte celebración!
ResponderEliminar