O pasado luns estivemos vendo como é o millo que come o pitiño Pepe, e supoñemos que Cocorico tamén. Cando lles mostrei aos pementeir@s unha espiga ou mazaroca de millo, só Leo foi capaz de dicirme o que era. A cousa non era fácil de adiviñar porque o millo estaba escondido debaixo de moitas follas.
Despois de sacarlle esas follas de fóra, xa poidemos descubrir os grans amarelos de millo.
Agora temos a mazaroca de millo metida nun recipiente cun pouco de auga, e estamos esperando a ver o que pasa. Despois dunha semana enteira descubrimos que lle brotou unha folliña pequeniña e seguimos esperando a ver como evoluciona a cousa.
Mentres esperamos adicámonos a facer cogomelos de plastilina, porque no outono tamén se poden atopar moitos cogomelos nos montes.
Hoxe Noa tróuxonos castañas. Estivemos vendo como medran dentro dos ourizos nas pólas dos castiñeiros, logo cando o ourizo vai secando e xa lle saen as castañas de dentro. Noa contounos que as colleu no monte coa súa avoa e que tiñan unhas pinzas para coller os ourizos e non pincharse coas púas. Inés explicounos que ela lle vai pedir ao seu pai que compre unhas luvas para coller os ourizos das castañas.
E agora temos un pequeno recuncho de cousiñas de outono na Pementeira.
Qué interesante é o outono. Cantas cousas novas descubrimos con el. Disfrutade pementeir@s. Un bico enorme a todos.
ResponderEliminarGrazas Pili, é verdade que o outono ten moitas cousas interesantes e tamén ricas. E as cores son fermosísimas. Estamos intentando descubrir moitas destas cousas e pouquiño a pouco vai aumentando o noso recunchiño.
Eliminar