UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 16 de enero de 2018

O TIBURÓN MANOLO

        Unha das cancións favoritas na Pementeira é "O tiburón Manolo" que cantamos todas as mañáns. Supoño que algún neno ou nena xa vola cantaría na casa porque  sei que lles divirte moitísimo (sobre todo porque poden berrar cando din "a balea esta xorda, e teslle que berrar, bos días, moi bos días, se a ves pola mañán"). E, por suposto, os tiburóns son animais que interesan moito na aula, será por eses dentes afiados, por ser feroces, porque dan un pouco de medo, porque son depredadores.... o caso é que captan a atención de todos nada máis aparecer (estou pensando en dar a clase disfrazada de tiburón para que me fagan máis caso). Así que onte e hoxe estivemos facendo unha actividade impresa sobre os tiburóns e aprendemos, por certo, que en galego a palabra correcta é quenlla e en inglés shark. 
         Como xa sabedes pola entrada de onte, tamén aprendemos que os tiburóns son escualos (e o peixe serra) e que en vez dun esquelete de ósos, téñeno de cartílago.
         Hoxe escribimos os tipos de tiburón que coñecemos (ao final coñecíamos aínda máis pero xa non tíñamos máis espazo para escribir).
1.- TIBURÓN BALEA 
Resultado de imagen de tiburón ballena
2.- TIBURÓN BRANCO
Resultado de imagen de TIBURÓN BLANCO
3.- TIBURÓN MARTELO
Resultado de imagen de TIBURÓN MARTILLO
4.- TIBURÓN TIGRE

Tiger shark(2).jpg
5.- TIBURÓN ALFOMBRA
Resultado de imagen de TIBURÓN ALFOMBRA


























1 comentario:

  1. Os tiburóns chaman a atencion creo que de todos! pequenos e maiores. Asi que non me extraña que estean super atentos, e alegrome que lles chame tanto a atencion. Marcos xa me comentou o da ficha do tiburon (que tamen tiña texto) o luns nada mais chegar eu do curso. Sinal que lle gustou e tiña moitas ganas de contalo.

    ResponderEliminar