Inmersos xa no outono, na Pementeira estivemos pintando unhas follas coas cores propias desta estación: marrón, amarelo, laranxa, vermello... Nesta ocasión empregamos ceras blandas.
Pintar é moi divertido. Aos pementeiros/as gústalles moito, así que onte e hoxe estivemos pintando unhas tartarugas como a do conto que lemos onte. Recordamos a historia narrada e Pablo demostrounos que prestara moita, moita atención porque cando falábamos do que lle ocurría a Lúa, que non quería ter amigos porque tiña moita vergonza, el díxonos que era TÍMIDA. ¡Xenial por Pablo que recordou esa palabra!