UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ E A NON-VIOLENCIA

    Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Paz e a Non Violencia. Durante dúas semaniñas os nenos e nenas da Pementeira estiveron colaborando na elaboración dun mural no patio do cole. É importante recordar valores como o respecto, a tolerancia, a comprensión, a xustiza, a igualdade de dereitos, o dereito a expresarnos libremente, o valor do traballo en equipo... hoxe e todos os días do ano por suposto. Por iso me gustou que os pemeteiros/as puxeran ilusión en pintar este mural que simboliza ese desexo de PAZ no mundo e recolle, tamén unha fermosa frase de Malala, Premio Nobel da Paz 2014, que nos recorda que podemos cambiar o mundo pero con cultura, educación, coñecementos e non con guerras e loitas.









































   Hoxe algúns pementeiros/as merendaron un pouco de chocolate quente con biscoito e, despois, asistimos a un sinxelo acto no ximnasio.