UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 30 de octubre de 2017

EMPEZA A CONTA ATRÁS

    Xa non queda nada. Mañán celebramos o MAGOSTO e o SAMAÍN no cole. Esperamos que todos os nenos e nenas de infantil veñan terroríficamente disfrazados e dispostos a "xogar" con eses medos que todos levamos dentro.¡A ver que creatividade nos mostran os papás e mamás unha vez máis! ¡Seguro que nos sorprenden!
       Hoxe chegaron as últimas cousas para o concurso de decoración.
       Daniel trouxo un cuadro supervistoso con todos os elementos representativos do Samaín feito con goma eva. Noa trouxo unha cabaza-morcego cuns ollos e uns dentes ue daban medo.

     Enzo e Sara Vidal trouxeron unha cabaza cada un, a de Enzo era unha auténtica bruxa con sombreiro bn picudo e pelo verde e a de Sara interesoulles moito aos pementeiros/as porque tiña chuches dentro.
 
   Despois colocamos as últimas aportacións da Pementeira na exposición do corredor, onde hai cousas ben orixinais... ¡A ver quen resulta gañador ou gañadora!



Resultado de imagen de gifs animados gatos negros

    Tamén estamos facendo algunhas cousiñas para decorar a aula de psico onde faremos a merendola conxunta e as fotografías mañán, aínda que, todo hai que dicilo, non nos dou tempo de rematar. De todos xeitos móstrovos parte do proceso de creación da nosa obra plástica e, en vindeiros días, xa compartirei convosco o resultado final.










 Resultado de imagen de gifs animados murcielagos

















Resultado de imagen de gifs animados murcielagos






E mañán ¡FESTA TERRORÍFICA!Imagen relacionada

Resultado de imagen de gifs animados halloween


Resultado de imagen de gifs animados gatos negros



domingo, 29 de octubre de 2017

MÁIS COUSAS PARA O CONCURSO MONSTRUOSO

     Queda xa pouco tempo para a celebración do magosto e o Samaín no cole e estamos recibindo algunhas cousiñas máis para o concurso.
        A bruxa que trouxo Icía pareceunos espectacular, ¡é chulísima! e aos pementeiros/as fíxolles moitísima gracia ver á profe e á súa compañeira como auténticas meigas. Marío trouxo unha lápida tenebrosa que nos puxo os pelos de punta porque parecía auténtica.

    Aleixo chegou moi feliz coa súa cabaza feita con papel maché que lle quedou terroríca con ese sorriso e eses ollos tan grandes e Anrís trouxo unha momia moi orixinal feita cun plato de plástico.
    Pablo trouxo varios personaxes típicos da celebración do Samaín (arañas, bufos, monstros, pantasmas...) feitos con material de refugallo moi vistosos e orixinais.
    Izan trouxo un morcego espectacular e tremendamente orixinal. ¡Encantounos porque é moi grande e dá medo e risa ao mesmo tempo! Tamén trouxo unha guirnalda feita cun montón de pantasmas de papel para aula, puxémola no corredor xunto con toda a decoración que estamos a colocar para o martes, e así tamén os poden disfrutar os outros compañeiros de infantil.


 E Adan trouxo outra cabaza, tamén ben bonita, pero chea de arañas negras. Xenial por toda a imaxinación que nas casas estades empregando para participar neste concurso. ¡O cole dá medo! A cntinuación foms colocar estas novas cousas e aproveitamos para ver de novo todas as aportacións que os outros nenos e nenas do cole fixeron tamén nestes día. ¡Hai un montón!







  Pero ademais do Samaín seguimos facendo máis cousas na clase. Por exemplo o outro día Icía trouxo un resumo da súa viaxe a París que nos pareceu moi interesante. Ela mesma foi explicando as fotos do seu "libro", e mostrándollas aos compañeiros/as. Contounos que a Torre Eiffel era moi alta e facía moito frío arriba, mostrounos a súa autocaravana, a Catedral de Notre Dame, as imaxes de Disneyland... A verdade é que tivo moita sorte porque todos percibimos que disfrutou moito desta experiencia.








    E, unha vez máis, o venres tivemos a nosa sesión de yoga. Estivemos practicando unha nova postura chamada HALASANA ou POSTURA DO ARADO. Costou traballo e temos que seguir practicando pero todos querían intentalo. 
Resultado de imagen de posturas de yoga el arado





















    Despois recordamos a POSTURA DA ÁRBORE, que tamén é complicada porque hai que ter moito, moito equilibrio.






    E, para rematar, momento de relaxación... ¡Que ben veñen uns minutiños cos ollos pechados, a respiración tranquila, a mente repousada, e todo o corpo en calma!