UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 27 de septiembre de 2013

UN BO VENRES

Hoxe tivemos un día con moitas actividades na Pementeira. Despois de poñer mandilóns e colgar chaquetas e mochilas nos percheiros, con algúns enfados e choros (porque a profe pide e pide que o intenten e hai quen non quere nin mover un pé nin unha man) pero xa  en menor cantidade que outros días, empezamos a  xornada escolar cantando a nosa canción de saúdo e pasamos lista. A continuación lemos un conto e fixemos un xogo de buscar as vogais (que lles gusta moito por certo). E logo fixemos unha ficha relacionada co outono. Hoxe foi o primeiro día que traballamos todos xuntos. O resultado foi diverso. Algúns pementeiros entenderon moi ben a tarefa e fixeron o traballo como campeóns así que a profe puxo unha xoaniña na súa ficha; outros traballaron moi ben pero non foron capaces de rematar (así que outro día haberá que reservar un pouquiño de tempo para facelo), e outros non traballaron tan ben porque non escoitaron con atención o que mandou a profe ou non tiñan moitas ganas de esforzarse, pero eu espero que o próximo día xa o fagan mellor. 
Por outra banda, aproveito esta nova entrada no blogue para poñer a foto de dous compañeiros que estiveron facendo a ficha do número 1 e a ra que lles quedara sin facer. E quero felicitar a Iker que hoxe non chorou nadiña para facer a ficha e a fixo requetebén e nun periquete. El púxose moi feliz e eu tamén.


Como chovía moito pensei que era un bo día para facer algo de exercicio e puxémonos a saltar nas pozas. Pero non vos asustedes que non tiñan auga de verdade e os pequepementeiros non mollaron os pes. Na aula de psico pintamos uns círculos con tiza e xogamos a "Paco, Paquito, salta el charquito...". Mirade que ben o pasaron dando brincos.





E, por último, vouvos mostrar as fermosas follas de outono que pintaron os vosos fillos e fillas coas esponxas.













jueves, 26 de septiembre de 2013

FOLLAS DE OUTONO

Esta semana estivemos pintando follas coas cores típicas do outono: marrón, amarelo, vermello, laranxa... Empregamos esponxas para estampar a pintura e mesturar as cores. 
Aquí están os pequepementeiros exercendo de pintores:










 Agora déixovos aquí algunhas boas ideas sobre cousiñas que podemos facer con follas. A ver se alguén se anima a facer algunha destas figuriñas. Espero que vos gusten.










sábado, 21 de septiembre de 2013

CABEZA, HOMBROS, RODILLAS...

Os pequepementeir@s xa están a pleno rendemento, disfrutando de todo o que facemos no cole. Onte bailamos unha vez máis unha das súas cancións favoritas, que é moi axeitada para ir sinalando as partes do corpo e traballar un pouco o ritmo e a coordinación.
Aquí vos deixo uns vídeos para que tamén na casa disfrutedes vendo aos vosos artistas. Pero pensade que aínda o van facer moito, moito mellor e eu estarei encantada de mostrárvolo máis adiante.








E, como prometín, aproveito para poñer un par de fotos máis do que fixemos o venres na aula. Por unha banda Zinthia e Ana fixeron requetebén a ficha do número 1 pegando gomets e pintando de verde unha simpática ra. Como podedes observar estaban moi concentradas na tarefa. ¡Quedoulles realmente ben!
Por outra banda, Noa fixo as dúas A que leva o nome da súa mamá como ela ben nos explicou. E por suposto houbo que inmortalizar o momento. Aí está cun sorriso que compite co da nena que temos de fondo no blogue. Iso é alegría e satisfacción polo traballo ben feito e o demáis son contos.




CARILLÓN DE VENTO

Hoxe na "Pementeira" tivemos un día relaxado despois de dúas xornadas difíciles nas que parecía que os choros enchían o ambiente e non nos deixaban disfrutar do cole como se debe facer. Pero despois da tormenta sempre chega a calma, e así foi. Unha das cousas que nos axudou a deixar fóra as tensións foi o CARILLÓN DE VENTO. É un pouco máxico, penso eu. Ten un sonido tan especial que os pequepementeir@s quedaban coa boca aberta, pasmadiños sen dicir nin palabra (e mira que iso é difícil para algúns).

CARILLÓN  DE  VENTO


Para nós, o carillón de vento é o instrumento da tranquilidade. Iso implica que cando estemos nerviosos na aula, cando teñamos ganas de berrar ou de pelexar cos compañeiros imos relaxarnos escoitando estes susurros do vento para botar fóra as malas vibracións. ¡Esperemos que nos funcione!. Mirade agora que interesados estaban todos os nenos e nenas en escoitar e tocar coas súas mans este instrumento.