UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 28 de febrero de 2018

¡NEVE NA PEMENTEIRA!

   Hoxe empezamos a xornada cun pequeno disgustiño porque nada máis entrar comunicáronos que se suspendía a visita á Casa Museo de Rosalía de Castro debido ao frío. En fin, quedamos un pouco "chafados" pero resulta que en menos que canta un galo xa nos pasou o disgusto porque Marcos chegou cunha sorpresa tremenda que ninguén esperaba:
     ¡TROUXO NEVE DESDE A SÚA CASA ATA O COLE!

Imagen relacionada   Marcos estivo explicándonos como recolleu a neve arredor da súa casa e que ata se formaron "como paíños de neve" nas escaleiras da piscina. Así que aproveitamos para aprender unha palabra nova: CARÁMBANO








   A continuación Alejandro Vázquez Seco mostrounos unhas cunchas que trouxo fai uns días e que eu esquecera fotografiar (e agora na Pementeira hai que sacar foto de todo sin disculpa). Alex explicounos de que era cada cuncha: de navalla, de nécora, de chopo, de berberecho, de ameixa, de caramuxo, de lapa, de ourizo... Estivemos vendo en que se diferenciaban unhas das outras e a caracola pequeniña que trouxo e o ourizo gustáronos moito a verdade.



















   E despois de empezar a traballar un pouquiño sobre  mulleres importantes que sexan coñecidas polo desenvolvemento dunha actividade concreta que supuxera unha aportación á sociedade, Valeria trouxo dous libros que relatan a historia de Frida Kahlo e Marie Curie. Hoxe estivemos lendo, e así recordando, a vida da pintora Frida Kahlo. E mañán coñeceremos a Marie Curie (hoxe xa lles adiantei un pouquiño o que ela descubreu pero mañán falarémolo con máis calma)
¡Grazas por estas sorpresas de hoxe!



3 comentarios:

  1. Pero si eles sabían perfectamente que se suspendeu polo frío, que escoitaron cando veu o director dicilo, que estaba eu dicíndolles que tiñan que ir ao baño rapidamente para ir para o bus! E quedámonos "chafados" e xa comenzamos como calquiera día, e nos percheiros falaban todos, e os de 5 tamén, de que suspenderan a visita polo frío. Eu fago coma ti,case me preocupa pensar que non se enterou de nada, jajajaja!

    ResponderEliminar
  2. Foi unha mañan moi emocionante. Despertar pola mañan e ver a horta e o parque todo blancp non pasa todolos dias. Non fixo falta decirlles que se vestisen! En 10 minutos estaban listos! Correteando pola herba blanca. Que gusto velos! E poder ensinarlla os compis xa era a guinda do pastel! Alegrome de que o disfrutasen tanto e de que servise para alegrarse despois dunha mala noticia.

    ResponderEliminar
  3. Que emoción de día, alucinaron coa neve, Noa estaba contentísima e máis coas gañas que ten de ir á neve,...jejeje. Que pena que se suspendera, a min Noa si que me dixo que fora porque chovia😉queda pendente para outra ocasión!!

    ResponderEliminar