Obedecendo á primeira manda do Meco, hoxe os nenos e nenas de infantil chegaron coas súas cabezas cheas de flores, como se xa chegara a primavera nestes días fríos de inverno. ¡Mirade que floridos estaban todos!
E mañán a ver como veñen os pés!!! Recordade que o Meco quere que se cumplan as súas mandas para facer do Entroido unha época divertida e diferente do resto do ano.
E aquí están os últimos pementeiros/as que levaron a mochila pirata: Mario e Icía.
Que super guapos e que cara de felicidade, esta semana é moi divertida, cada día diferente!!
ResponderEliminar