UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 8 de febrero de 2018

¡PREPARADOS PARA A CELEBRACIÓN DO ENTROIDO!

   Hoxe cumplimos a última manda do Meco e chegamos ao cole en pixama. A verdade é que todos os nenos e nenas de infantil chegan supercontentos lucindo as súa mellores galas nocturnas. ¡Mirade qué simpáticos estaban!





 E rematadas as mandas, mañán toca vir cos nosos disfraces relacionados co Proxecto Nautilus. Xa teño ganas de ver as sorpresas que nos van dar os nenos e nenas de  infantil. Para ter o noso espazo de infantil ben preparado para a ocasión, profes e nenos/as traballamos na decoración que nos vai servir de fondo ás fotos. ¡Espero que sexan bonitas, divertidas e salgadas (polo mar, quero dicir)! Mirade algunhas dos últimos elementos decorativos que colocamos.



 





 
    E agora a descansar e ultimar os detalles dos disfraces para que mañán sexa un día espectacular!


5 comentarios:

  1. Pero que guapos co pixama estes pementeir@s!!! Profe,gran traballo!!! vaia decoración máis bonita!!!!! ainssssss que ganas de velos bailar mañán!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Guapos, quentes e cómodos. Todos en pixama! Faltanos a foto de profe que, como hoxe tiñan psico con Maria, xa non te vimos. E ti, Teté, perdecheste tamen os disfraces das mamis (porque hai que dicir que cada vez somos mais, pero papis nin o primeiro!) que tamen fomos moi quentiñas. JA Ja Ja
    A decoración espectacular. Mañan van quedar unhas fotos preciosas. Noraboa artistas!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ohhhh! qué pena! pois estaba alí na aula de psico acabando cousas e non me din conta de sair para vervos!!!!! E este ano xa comentamos Ana e máis eu que non sacamos fotos das profes! A ver se mañán nos desquitamos e sacamos unha todas xuntas, mamás e profes (os papás xa vexo que non podemos contar con eles. ¿onde deixarían o sentido do humor? jajajaja)

      Eliminar
  3. Si, despisteime, que rabia, estaba apurada rematando cousiñas e como non tiven clase cos nenos xa aproveitei esa horiña e non me din conta, puden saír perfectamente que estaba alí pero... Mañán quero vervos espectaculares!

    ResponderEliminar
  4. Preciosa decoración e semana super divertida!! Iria a min pasoume igual saiu á calle co pixama😂

    ResponderEliminar