A semana pasada, mentres traballábamos na aula nunha actividade bastante especial que estamos desenvolvendo ( e que esperamos compartir pronto coas familias) recibimos unha visita sorpresa dunha alumna e un alumno de sexto que nos viñan mostrar unha auténtica colmea de "Vespa velutina", a famosa avespa asiática da que tanto se fala ultimamente.
Xoel contounos que estas avespas son bastante agresivas, e poidemos tocar a colmea e observar a forma hexagonal das celdiñas destes insectos.
Tamén seguimos recibindo cousas para o noso recuncho do Proxecto Nautilus: Marcos, Mariña e Yeico trouxeron varias fotografías de cunchas e caracolas da praia e da visita ao acuario e ao Náutico de Vigo; e Anrís trouxo unha medusa de plástico á que el mesmo decidiu poñerllle de nome "Azuleta" (porque ten as patiñas un poco azuliñas). Agora Azuleta está na peceira de Moby Dick facéndolle compañía (a ver que tal se levan).
Como vedes nas fotos, as pementeiros cada vez lles gusta máis explicarlles aos seus compañeiros/as as imaxes ou obxectos que traen para o recuncho.
Aproveitando as fotos que trouxo Yeico, estivemos recordando a figura de Julio Verne falando da súa obra "20.000 leguas de viaxe submariño" que tanto nos fixo disfrutar, recordando varios episodios da mesma e resaltando o feito de que Verne, no seu libro, fixo que o Nautilus pasase por estas augas galegas e falou duns tesouros que se atopaban en Rande ("Das caixas e dos barriles escapaban lingotes de ouro e prata, cascadas de piastras e de xoias. O fondo estaba cheo deses tesouros. Cargados do precioso botín, os homes regresaban ao 'Nautilus', depositaban nel a súa carga e volvían emprender aquela inagotable pesca de ouro e de prata".). El mesmo visitou a cidade de Vigo en dúas ocasións (feito que se conmemora este ano 2018). Tras a súa primeira parada en Vigo, Verne escribiu unha carta a un amigo na que lle dicía: "Non podedes imaxinar nada máis admirable que esta ría de Vigo, lago inmenso rodeado de montañas".
Neste 2018 cúmplense 150 anos desa primeira visita de Julio Verne a vigo, así que, como Yeico, animádevos a visitar a cidade e a exposición conmemorativa.
Escultura homenaxe ao Capitán Nemo e o Nautilus.
Pero que sorte tiveron estes pementeir@s de ver unha colmea de avespas!! moitas grazas ós alumnos de sexto pola explicación!!
ResponderEliminarBoa idea!! ir a Vigo a ver ao capitán Nemo e o Nautilus!!!! teremos que ir velo e pasar un día divertido vendo todo!!!
Que curioso e impresionante a colmena. Encantame ver a cara de ilusión que se lle pon cada vez que lle mostran os compañeiros todo o que aportan para o recuncho. Seguro nos animamos a visitar a exposición.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarA verdade é que é moi impresionante, e a explicación que a deran os alumnos é xenial, da gusto ver diferentes grupos de idade compartindo coñecementos. Grazas a Yeico e a Teté pola información, iremos a Vigo😉
EliminarA verdade é que en relación con este proxecto están xurdindo moitas cousas interesantes, atractivas e tamén divertidas. Eu estou encantada tanto coas aportacións que facedes desde as familias como coas aprendizaxes que están a facer os nenos e nenas e, como vós mesmos, eu disfruto cando os vexo con ilusión de contar cousas, con ganas de participar, cando empregan as palabras novas que aprenderon, cando están xogando e soltan datos ou nomes que apareceron previamente nos libros ou nas explicacións.... A ver se mantemos o interese!!!!! E felicidades a todos os que vos animades a levar aos peques a ver cousas interesantes ben sexa relacionadas co mar ou calqueira outro tema porque estades sentando as bases de ulteriores aprendizaxes e desenvolvementos!
ResponderEliminar