UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 26 de diciembre de 2014

UN SAPO ENCANTADO NA FESTA DE NADAL

O último día de cole, antes das vacacións de Nadal, foi unha xornada completamente festiva. Todos os nenos e nenas de infantil viñeron superelegantes e con moitas ganas de divertirse. Na Pementeira entrou unha pequena Mamá Noel que nos colleu por sorpresa. 
Pero non foi a única sorpresa do día xa que polo cole tamén andaba un sapo encantado.












Despois dos títeres, tivemos a nosa gran festa de Nadal na que había moitos manxares deliciosos para comer (sobraron tantas cousas que mandei algunhas de volta para as casas aproveitando que estaban sin abrir, e aínda gardamos algo para celebrar á volta ao cole o día 8), Tras a festa comemos as 12 uvas para darlle a benvida ao ano 2015 (un pouco adiantado pero como ese día non nos imos ver pois era por facer algo divertido todos xuntos) e a disfrutar co cotillón.