UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 3 de febrero de 2018

IOGA E XEOMETRÍA

Resultado de imagen de virabhadrasana i
   Chegou o venres e chegou a nosa sesión semanal de ioga. Nesta ocasión estivemos practicando a posición do GUERREIRO, Virabhadrasana 1. Cando miramos a ilustración parece moi sinxela de facer pero resulta, finalmente, que hai que esforzarse bastante para facela correctamente.




   Pero, os pementeiros/as intentaron concentrarse e seguir todas as instruccións para conseguir unha posición perfecta e parece que varios/as o lograron.





 








2015-01-26-balasana.jpg    A continuación para relaxarnos, para rebaixar a tensión da espalda, para deixar que o noso corpo se abandone e a nosa mente descanse, colocámonos en BALASANA (posición do embrión) e respiramos tranquilamente.



   E, para finalizar, toca xa relaxarse en VIPARITA. Pechar ollos e, sobre todo, pechar a boca (que é unha das cousas que máis costa na Pementeira por certo).
                                    
                                    
                                    
     Como non había parede dispoñible para todos, algúns nenos e nenas relaxáronse no chab realizando unha figura xeométrica, o HEXÁGONO (que xa fixéramos noutra ocasión) e aproveitamos para aprender algo de xeometría.


     Mentres os nenos/as estaban na posición, cun xiz debuxamos o contorno da figura unindo as cabezas de cada neno/a. Así xurdiron os 6 lados do hexágono e tamén aprendemos que cada esquina, cada punto do unión entre dous lados se chama vértice. E resulta que si unimos cada vértice co centro do polígono obtemos 6 triángulos iguais.


Resultado de imagen de hexágono
Imagen relacionada

1 comentario:

  1. Encantanos ver cada venres as novas posturas de ioga. E ver que se esforzan por conseguir facela.

    ResponderEliminar