Ninguén se sorprenderá si digo que nesta aula a canción Octopus´s garden é unha aposta segura para empezar o día con bo humor, ritmo e bo ambiente. Hoxe gravei aos pementeiros/as cantando e quero compartir ese vídeo convosco. A gravación é pésima porque non se pode estar a todo e eu quería aguantar a cámara, pasar as follas do libro e ata facer algúns xestos que normalmente empregamos cando cantamos xuntos... total, o resultado é nefasto pero, aínda así, quero que o vexades porque , aínda que o vídeo está movido e borroso, os nenos/as están moi divertidos cantando e tocando a guitarra e penso que é xenial velos así xuntos disfrutando coa música sen medo a cantar en inglés e imitando os movementos de calqueira famoso guitarrista. As miñas disculpas polo vídeo e prometo que farei unha mellor gravación para que teñades un bo recordo desta fermosa canción de Ringo Starr.
Por outra banda, hoxe lemos unha fermosa historia, e moi educativa por certo, que nos trouxo Valeria. Un conto moi creativo que explica de xeito moi gráfico todo o problema dos estereotipos sobre os homes e as mulleres, a desigualdade, os prexuicios sexistas... Preciosas ilustracións e unhas metáforas xeniais, ben narrado e cheo de contido.¡Encantoume! E os pementeiros/as estiveron moi atentos e aínda que, obviamente, son pequenos para comprender moitas das cousas implícitas nesta narración, si que mantiveron unha observación e escoita plena e activa facendo comentarios. Cando rematamos a lectura estivemos falando do importante que é esforzarse por lograr os nosos soños, por estudiar para ser o que queremos ser sin importar se somos homes ou mulleres; falamos das profesións e nesta aula parece que hai moitos nenos/as que queren ser policías e bombeiros, "conductores" de barcos, pilotos, médicos e veterinarios/as...
E hoxe o pementeiro afortunado por levar a mochila pirata foi Yeico que estaba feliz coma unha perdiz. ¡Espero que disfrute moito co libro, os poemas e os materiais de xogo.
Xenial o video, moitas grazas!! A canción xa forma parte do noso repertorio porque cantaa todos os días jeje, boísimo e que complicidade buscandose con Icia, son tremendos!no grupo xa ahi bos e boas guitarristas que apuntan maneiras, jeje, foi xenial, grazas de verdade.
ResponderEliminarEn canto aos oficios hoxe Noa dixo que quería ser enfermeira para a miña sorpresa jeje
¡¡Ohhhhh grazas!!! ¡¡xenial!!!! ¡¡que canción máis bonita!!! ¡¡pero que ben o fan!!!! o meu fillo tocando a guitarra pero que emoción lle pón!!!
ResponderEliminarMaravilloso video. Gracias Teté por compartilo. E increible o que lles gusta esta canción. Puxen o video e Marcos cantandoa enteiriña mentras o viamos. E facendo os xestos cun sorriso tremendo. Non é capaz de escoitala sen cantar el tamen
ResponderEliminarEncantanos!!!, sin reparo ningún a cantar en inglés, que ben o fan e que profesionais tocando a guitarra, encantanme as caras que poñen. Mil gracias😊😊😊
ResponderEliminar