Aquí está a divertida canción do tiburón Manolo que tanto lles usta aos pementeiros/as. Asi, con esta enerxía e este ritmo empezamos as mañáns no cole. Como vedes aquí non se pode chegar durmido porque estes vintecatro neos e nenas enseguida che fan espertar ou sí ou sí, non hai outra opción. Pero, ¿pode haber outra maneira mellor de empezar o día que con música e boa compañía?non creo.
Espero que disfrutedes vendo este vídeo e que vos animedes na casa a cantar cos voso peques. Non vos preocupedes se cantades mal, eu canto fatal e, como vedes, xa vai chovendo un pouquiño pero aínda precisamos máis auga.
Xa aproveito para poñer as fotos dos últimos pementeiros que tiveron a sorte de levar a mochila pirata: Rafiña e Adan. Rafiña xa me contou que o pasou moi ben, que xogou ao memory co seu pai e gañou el. Espero que Adan tamén disfrute compoñendo as palabras piratas e demostrando se ten boa memoria co memory.
E, por último Enzo trouxo un libro sobre o mar que ten moito éxito na Pementeira. Así que agora imos ter máis sorte o día que toque ver os libros do recuncho porque máis nenos poderán disfrutar desa linterna tan divertida que nos axuda a atopar peixes escondidos.
jajajaja, pois a mellorar ese inglés que hai que leer Manfish e teño por aí outra canción ben bonita que tamén é do mar e hai que cantala nun inglés británico perfecto!
ResponderEliminarJajaja. Q Ben o pasamos pois Adan e todo un Crack xogando o memory encantounos o libro a canción do tiburón Manolo xa fai uns días que andaba soando pola casa.Adan dime todolos días q teño q escribir no bloog que a sua irman sabe inglés e que quere traer o libro que deixaron os reyes magos,gracias Teté por facermos partícipes do dia a día dos nosos peques moitas grazas
ResponderEliminarAla que bo!! Eu na casa escoitaba cachiños da canción de Manolo pero non a coñecía e hoxe mira que me dicía vistes el blog?? Xa puxo Teté a canción de Manolo, maña xa llo ensino😂, e mira ti cal era, agora a descargala. Encantoume ver esta entrada, que enerxía de maña, así da gusto comezar o día!! Grazas Teté😘
ResponderEliminarPois a ver mañán quen colle Manfish, eu encantada de que o leven, por suposto!!!!!É xenial que disfruten cos libros viaxeiros e xogando en familia cos materiais que viaxan dese o cole, eu encantada porque precisamente están pensados para disfrutar na casa, para motivar aos peques, para que comprobedes que moitas actividades do cole son divertidas para eles. Aprender non é aburrido nin implica sempre estar sentados e calados, hai moito xogo, hai moitas conversas, hai moita música,... ou polo menos intentamos facer moitas cousas diferentes ao longo dunha xornada (vontade poñemos polo menos)E de verdade que así empezamos as mañáns, con alegría e música, con ánimos e ritmo para ir despertando nestes días fríos jajajaja!Intentarei gravar máis cancións porque a verdade é que as disfrutan moito!!!!!
ResponderEliminar👏👏👏👏, por fin lle poñemos música a letra,teño que decir que a Icía tamén lle gusta moito 🎵🎵glu glu glu🎵🎵😅😅 xa temos dous cantarins na casa. Enzo tamèn canta moito 🎤un caballito de mar que llega a galopar, por el viento y por las olas y por debajo del mar🎤 😂😂😂😂☺
ResponderEliminar