UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 20 de enero de 2018

A CAIXA DOS BOS RECORDOS

     Na Pementeira estamos tratando de reflexionar sobre as nosas emocións, pero sobre todo, queremos valorar as emocións positivas porque, ás veces, sucede que tendemos a falar moito sobre as cousas que nos fan sentir mal e, pola contra, non nos paramos a falar das que nos fan sentir ben. Así que imos intentar cambiar esta dinámica. Como se achega o Día da Paz, estamos lendo moitos contos que teñen que ver co respecto, co diálogo, coa tolerancia, coa solución de conflictos...
Resultado de imagen de la paloma mari paz Resultado de imagen de wangari y los árboles de la paz
Resultado de imagen
   E, despois de escoitar estas fermosas historias, sempre procuramos falar e pensar nas cousas que nos podeos facer para disfrutar, para sentirnos ben e para que os demáis tamén se sintan ben. Así que o venres iniciamos unha nova actividade que consiste en anotar nun papel as cousas que, durante a semana, nos fixeron felices, actividades ou situacións que nos fixeron disfrutar e sentirnos a gusto no cole. E todas esas anotacións ímolas gardar nunha CAIXA DE BOS RECORDOS, para non esquecer que hai un montón de cousas ao longo dos días que temos que valorar e agradecer xa que temos a sorte de vivilas con pracer, con gozo e con satisfacción.
    Aquí está aprimeira lista de bos recordos que elaboraron os pementeiros e pementeiras:
           ¿QUÉ ACTIVIDADESOU SITUACIÓNS CHE FIXERON DISFRUTAR E PASALO BEN NO COLE ESTÁ SEMANA?

    Con esta actividade estou intentando que os nenos e nenas se paren un momento a pensar nas cousas que fixemos ao longo da semana, co cal pretendo que vaian mellorando a súa percepción temporal (pois non vale dicir cousas que fixemos o curso pasado, ou o trimestre anterior, ou a semana pasada... aínda que algunhas rutinas obviamente poden valer porque as repetimos moito, claro), que vaian desenvolvendo habilidades de autocoñecemento (reflexionando sobre o que lles gustou a cada un e non unicamente repitan o que dixo un compañeiro ou o que pensan que a profe quere escoitar), en definitiva que pensen tranquilamente uns minutos, que se expresen con espontaneidade, que exploren os seus gustos e emocións, e que aprendan a valorar todo o positivo focalizando a súa atención nas cousas divertidas e gratificantes que están vivindo.


4 comentarios:

  1. Moi ben e un gran idea , pareceme xenial, un saudo

    ResponderEliminar
  2. Como me gusta esta dinámica!! Como di Noa vou gardala na miña caixa de recordos, paréceme un recurso estupendo para quedarse coas cousas boas da semana, nós na casa habitualmente antes de acostarnos dicimos tres cousas que nos gustaron do día, e axudanos a acostarnos con pensamentos agradables e positivos. Encántame Teté!!! Grazas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ben facedes! Pois iso deberíamos facer todos! É estupendo rematar o día pensando tres cousas boas, temos o hábito de falar do malo,a ver se conseguimos poñer o foco nas cousas divertidas, nas actividades que nos fieron disfrutar, nas palabras bonitas que nos dixeron ou nas apertas e bicos recibidos, verdade? Eu tamén vou facer a miña parte e anotar eses bos recordos!

      Eliminar
  3. Pois parecenme duas grandes ideas Vane e Teté😊, a partir de agora tamén as vamos a poñer en práctica

    ResponderEliminar