UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 29 de septiembre de 2017

UN VENRES CHEO DE ACTIVIDADES

     Hoxe venres tivemos moitas actividades na Pementeira. Por suposto seguimos recibindo cousiñas para o recuncho do PROXECTO NAUTILUS: Valeria trouxo un libro moi interesante sobre Cristóbal Colón e o descubrimento de América (que xa lemos e nos gustou moito) e Adan trouxo cunchiñas e caracoliñas ben bonitas que lles foi mostrando aos compañeiros.






    Icía trouxo unha esponxa mariña auténtica. Algún neno xa quería ver nela ao famoso Bob Esponxa. 







   Yeico trouxo unhas fotografías moi interesantes das tres carabelas, a "Pinta", a "Niña" e a "Santa María" que el pudo ver e visitar cando tiña só dous aniños. Mostrounos moi emocionado ao cociñeiro e ao capitán dos barcos, o cañón, a un mariñeiro subindo polas cordas... Viñeron moi ben estas imaxes despois de que Valeria nos trouxera o libro sobre Colón e aproveitamos para recordar un pouquiño o que lemos onte.









    E hoxe lemos unha historia moi divertida sobre unha carteira moi marítima, a centola Carola que vai entregando cartas aos mariscos galegos (a vieira pandereteira, Rodolfo langostino, a ameixa Tareixa, Rebe o percebe e ata un mexillón que toca na fantástica banda roqueira os "Mexillóns Stones") que viven nos faros máis representativos de Galicia: o Faro de Fisterra, o de Touriñan, a Torre de Hércules, o faro da Illa de Arousa...). Un conto simpático co que viaxamos por Galicia e que nos vai servir para coñecer a xeografía da nosa comunidade e os seus faros máis representativos.  E xusto cando estabamos a ler o libro chamaron á porta e... ¡non o ides crer!¡Chegounos unha carta á Pementeira! Seguro que Carola a carteira centola foi quen a trouxo, estamos segurísimos. A carta era de Siria, a mascota da Biblioteca que nos invitaba a visitar a súa casa e ler os libros que ela garda alí. A ver se pronto podemos ir alí e disfrutar dunha interesante sesión de lectura.

    Para ematar a mañán tivemos a nosa primeira sesión de YOGA deste curso. Disfrutamos moito estirando os nosos músculos, tratando de colocarnos ben para facer cada unha das ASANAS ou posturas, controlando o equilibrio e relaxándonos despois do esforzo. Costa un pouquiño manter a tranquilidade e o silencio pero, con todo, a sesión funcionou moi ben e algúns pementeiros/as puxeron moito interese en facelo o mellor posible e por iso os felicito (porque facer YOGA non é nada fácil). Penso que todos disfrutamos e se a próxima semana traballamos, aprendemos e disfrutamos no cole sin conflitos e con ganas de avanzar, o venres faremos unha nova sesión. ¡Mirade que estilo mostraron estes nenos e nenas! 
       Empezamos estirando ben a espalda...








Resultado de imagen de trikonasana beneficios








VIPARITA
Resultado de imagen de viparita








   E acabamos ben relaxados escoitando música (aínda que para ser completamente sincera, a relaxación durou pouco máis dos 3 minutos da peza musical; creo que con estes pementeiros/as terei que organizar moitas máis sesións de yoga a ver se nos imos imbuíndo do espíritu zen e logramos controlar un pouquiño máis as voces altas e a enerxía desbordante que, en ocasións, nos impide realizar algunhas tarefas con un pouco de tranquilidade, concentración e consciencia do que estamos a facer. ¡Seguiremos perseverando!







Imagen relacionada
    Como vedes, na Pementeira sempre hai algo que facer, e hoxe foi un venres moi completiño e divertido.