UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 13 de septiembre de 2017

COUSIÑAS PARA O RECUNCHO

    ¡Que rapidez! Antes xa de que mandara a nota para as familias, hoxe chegaron as primeiras cousas para o noso recuncho mariño. Daniel contounos onte que el tiña un libro para buscar animais do mar e xa o trouxo. El coñece un montón de animais así que leva traballo adiantado. Marcos trouxo un conto dun pirata que ten moi boa pinta. Estou segura de que os piratas van triunfar!!!!

    Alejandro Vázquez Rodríguez trouxo unha foto na que o podemos ver ataviado como un pirata auténtico. A todos os compañeiros lles encantou velo con ese casco con cornos.
    Como entramos a tanta velocidade no proxecto, pois xa empezamos a facer algunha actividade impresa sobre o "PROXECTO NAUTILUS"



     E ademais tivemos tempo de coñecer a un novo amigo que triunfou entre os pementeiros e pementeiras, o xenial Vickie el vikingo.
Resultado de imagen de vickie el vikingo
     Outra sorpresa que tivemos hoxe foi grazas a Icía e Valeria que nos trouxeron cousiñas para o recuncho de disfraces e, claro, había que probar a ver que tal nos sentaban todas as cousas.










 

¡A ver se mañán temos máis sorpresas!

3 comentarios:

  1. Acaba de chegar á casa, e xa preparou o que vai levar mañán para o recuncho. Ja,ja,ja.

    ResponderEliminar
  2. Que divertidísimo, nos tamén estamos preparando cousiñas;)

    ResponderEliminar
  3. Que boa pinta ten este novo proxecto e que ben o van pasar con ese recuncho de disfraces... Empezan con unhas gañas tremendas.

    ResponderEliminar