UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 26 de septiembre de 2017

A TARTARUGA DA PEMENTEIRA

     Co Proxecto Nautilus estamos aprendendo moitas cousas sobre animais mariños e recibimos, tamém, moitas cousas para o noso recuncho (tantas que a profe vai necesitar tempo para organizalas ben).
    Onte, tivemos unha sorpresa bastante especial. Icía e Noa trouxeron unha mascota para a nosa aula: ¡UNHA TARTARUGA!

   Como podedes ver as pementeiras Noa e Icía estaban moi contentas coa nosa nova amiga (só espero que non me pidan que lle faga unha foto e a poña no panel vikingo para pasar lista con ela tamén).
   Agora. ademáis de aprender moitas cousas sobre as tartarugas, tamén temos a responsabilidade de coidala e facer que esté a gusto na nosa aula. E para que se sinta unha máis do grupo, pensamos que era importante poñerlle un nome. O que pasa é que as aportacións dos pementeiros/as foron un pouco peculiares xa que propuxeron nomes como: Ventana, pez, calamar, gorro, car... En fin, que a profe Teté que é un pouco especial para iso dos nomes, tratou de explicarlles aos pementeiros/as as diferencias entre un nome común e un nome propio pero creo que para eles iso non era moi importante. Total, a cousa quedou no aire e hoxe mirando un libro que trouxo Carmen atopamos un cachalote e recordamos unha historia da que xa faláramos fai uns días, o relato de Moby Dick que narra as aventuras dun capitán dun barco baleeiro obsesionado con cazar un gran cachalote blanco que lle arricara unha perna tempo atrás. En tón, pregunteilles que lles parecería se á nosa tartaruguiña, tan pequeniña, lle poñíamos o nome dese famoso cachalote tan grande e tan forte e todos dixeron que lles gustaba. Así que finalmente a nosa tartaruga chámase MOBY DICK.
           Imagen relacionadaImagen relacionada
    Pero non foi MOBY DICK a única que chegou onte á nosa aula pois siguen vindo cousiñas novas cada día. Vouvos contando:
     Marcos trouxo un conto sda "Sirenita" e Anrís un cartel moi chulo dun pirata.
   Enzo e Aleixo trouxeron un montón de fotos de eles os dous nun Galeón pirata nada máis e nada menos: estivemos vendo o timón, os cabos, un esquelete que había no barco... A verdade é que tiveron moita sorte de poder subir a un auténtico galeón.







Imagen relacionada
GALEÓN  ANDALUCÍA

         Sara Castaño trouxo uns peixes de plástico e unha caracolas superchulas. Pregunteilles se sabían algo sobre as caracolas, algunha cousa curiosa que pasaba con elas e enseguida responderon que se podía escoitar o mar se as poñías na orella. Así que, como vos imaxinades, había que comprobalo e, por suposto, todos e todas escoitaron as ondas do mar con total nitidez!





  Mario trouxo unha medusa nunha botella de auga. Gustounos moito porque, aínda que é de plástico, parece de verdade e é chulísima flotando na auga. E, claro, tamén había que buscarlle nome. O proceso foi un pouco parecido ao bautismo da tartaruga pero finalmente, sin que eu propuxera outra opción xurdiu TADEA (en honor, como algún de vós suporá, a TADEO JONES).

      Imagen relacionada
      Noa trouxo un puzle dun submarino que me encantou porque o noso proxecto leva precisamente o nome dun famosísimo submarino, o NAUTILUS do Capitán Nemo e, para a miña completa alegría, tamén trouxo ese coñecidísimo relato de JULIO VERNE "20.000 leguas de viaxe submariño" que espero leamos pouco a pouco todos xuntos. Óscar trouxo unhas cunhas moi bonitas.

         Sara Vidal trouxo un mapa para buscar un tesouro que lles gustou moito a todos/as.




    Despois de tanto falar, observar, explicar, preguntar e imaxinar fixemos unha actividade impresa dunha tartaruga na que escribiron a palabra TARTARUGA, debuxaron ese simpático animaliño e colorearon con acuarela.



















 






















     Ata aquí chegamos hoxe. A ver como se presenta o día mañán e a ver se  podo mostrarvos xa o recuncho NAUTILUS na aula que empecei a organizar esta tarde. Aínda me queda bastante por facer pero espero poder poñer fotos pronto.


2 comentarios:

  1. Ohh que sorpresa!! Que caladiño o tiña,encantame a idea, segurisimo que coidan a Moby Dick moi moi ben, que ilusionados estamos co próxecto todo un éxito e canto vamos aprender😊

    ResponderEliminar
  2. Cantas cousiñas!! Profe, o proxecto vai ter que durar dous cursos....non sei se un nos chegará para explorar tantas cousas interesantes!!!

    ResponderEliminar