UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 23 de diciembre de 2016

¡CHEGOU O NADAL! ¡BOAS FESTAS!

       E chegou o gran día, o día de celebrar a nosa festa de Nadal cos nosos amigos de infantil, de recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, de levar os noso traballos para casa e pechar un estupendo trimestre con alegría e bos desexos para todos.
     Tivemos un día ben axetreado. Primeiro saímos ao patio porque ían chegar os Reis Magos. Viñeron en coches porqe os camellos estaban un pouco cansos de andar polo asfalto e o cemento; comprendede que eles están afeitos a camiñar pola area do deserto e, claro, en Padrón non hai.





















     Despois de recibilos, entramos no ximnasio para coñecelos personalmente e facerlles as nosas peticións. Foi moi emocionante. ¡Mirade que os pementeiros/as son faladores pero máis de un quedou sen palabras!































E o día non rematou coa visita real, a continuación disfrutamos a tope cunha sesión de maxia que non fixo rir e abrir a boca coas múltiples sorpresas que tiña preparadas o "sustituto" do mago (que nos dixo que o auténtico artista non chegaba porque saíra a tomar un café e non aparecía).





























































Por último celebramos a nosa merendola conxuntamente cos nenos e nenas de 4 e 5 anos. Nesta ocasión os encargados de traer as larpeiradas foron os nenos/as de A Sementeira (4 anos) aos que lles agradecemos que trouxeran tantas cousas deliciosas. Algúns pementeiros/as non tiñen tempo de dicir nin chío entre bocado e bocado! E de postre: as uvas da sorte ao ritmo marcado polas campanadas.





































Para rematar esta entrada tan festiva e desexarvos a todos unhas fantásticas festas de Nadal, e un ano 2017 insuperable, aquí vos deixo un vídeo con algunhas fotos de onte realizadas na aula (coas bolsiñas feitas polos nenos e nenas para levar os seus traballiños) e nos decorados do corredor e espazos de infantil. 













Resultado de imagen de gifs animados navidad movimientoResultado de imagen de gifs animados navidad movimiento