UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 31 de enero de 2018

CANTANDO A RITMO DE RINGO STARR

     Ninguén se sorprenderá si digo que nesta aula a canción Octopus´s garden é unha aposta segura para empezar o día con bo humor, ritmo e bo ambiente. Hoxe gravei aos pementeiros/as cantando e quero compartir ese vídeo convosco. A gravación é pésima porque non se pode estar a todo e eu quería aguantar a cámara, pasar as follas do libro e ata facer algúns xestos que normalmente empregamos cando cantamos xuntos... total, o resultado é nefasto pero, aínda así, quero que o vexades porque , aínda que o vídeo está movido e borroso, os nenos/as están moi divertidos cantando e tocando a guitarra e penso que é xenial velos así xuntos disfrutando coa música sen medo a cantar en inglés e imitando os movementos de calqueira famoso guitarrista. As miñas disculpas polo vídeo e prometo que farei unha mellor gravación para que teñades un bo recordo desta fermosa canción de Ringo Starr.

Por outra banda, hoxe lemos unha fermosa historia, e moi educativa por certo, que nos trouxo Valeria. Un conto  moi creativo que explica de xeito moi gráfico todo o problema dos estereotipos sobre os homes e as mulleres, a desigualdade, os prexuicios sexistas... Preciosas ilustracións e unhas metáforas xeniais, ben narrado e cheo de contido.¡Encantoume! E os pementeiros/as estiveron moi atentos e aínda que, obviamente, son pequenos para comprender moitas das cousas implícitas nesta narración, si que mantiveron unha observación e escoita plena e activa facendo comentarios. Cando rematamos a lectura estivemos falando do importante que é esforzarse por lograr os nosos soños, por estudiar para ser o que queremos ser sin importar se somos homes ou mulleres; falamos das profesións e nesta aula parece que hai moitos nenos/as que queren ser policías e bombeiros, "conductores" de barcos, pilotos, médicos e veterinarios/as...

¡GRAZAS A VALERIA E Á SÚA FAMILIA por prestarnos este fermoso libro!

    E hoxe o pementeiro afortunado por levar a mochila pirata foi Yeico que estaba feliz coma unha perdiz. ¡Espero que disfrute moito co libro, os poemas e os materiais de xogo.




martes, 30 de enero de 2018

DÍA DA PAZ

   Hoxe celebramos o Día da Paz e Non violencia. Os pementeiros/as entraron no cole todos contentos porque cando escoitan a palabra "celebrar" xa se poñen eléctricos coma as anguilas. Primeiro estivemos recordando a importancia de respectar aos demáis e, como din eles, ser amables e cariñosos e amorosos, e insistimos, unha vez máis, que non nos gustan as pelexas, as guerras nin as armas. Onte estivemos elaborando mensaxes de paz e coloreamos unhas botelliñas nas que "metemos" esas mensaxes  e hoxe fomos colocalas non "Océano Pacífico" particular de infantil. Mentres estabamos deixando no "Océano Pacífico" as nosas botellas cheíñas de bos desexos, chegaron uns nenos e nenas de Primaria a comunicarnos tamén as súas mensaxes de paz.





































 
    A ver se algún mariñeiro, ou un náufrago, ou un mergullador, ou un biólogo mariño atopa algunhas destas botelliñas e le as nosas mensaxes!
    Despois saímos ao patio para cantar a canción de "IMAGINE" con todos os compañeiros/as e mestres/as de Primaria e escoitar un discurso sobre a PAZ.










   Tras regresar á aula, collemos os nosos papaventos, que tamén queren voar en paz, para levalos para casa. Hai algúns nens/as que non os levaron porque estiveron enfermos e ou ben non os fixeron ou ben os teñen sen rematar. Pero iremos tratando de rematalos para que os poidan levar outro día.




 Imagen relacionada

       E os últimos pementeiros en levar a mochila pirata foron Enzo e Hugo que marcharon encantados coa mochila e co distintivo pirata.