UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 12 de enero de 2018

XORNAL E IOGA

       Os venres temos sempre moitas cousas que facer porque toca elixir o libro do pasaporte lector, facer ioga e, ademáis, moitas outras actividades como calqueira outro día da semana. Hoxe tivemos un día axetreado de verdade pero ao final, máis ou menos, conseguimos, facer case todo o que estaba previsto.
    Para empezar, unha das cousas que rompeu a rutina diaria foi o feito de recibir o primeiro número de NOVAS DE INFANTIL do curso (e que xa é o cuarto exemplar que entregamos ás familias). Os pementeiros/as puxéronse tan contentos que ata levantaron un pouquiño de máis a voz e tiven que chamarlles a atención. ¡Ás veces é difícil controlar o entusiasmo, que parece que se manifesta mellor berrando! Pero, en fín, polo menos o que me queda é pensar que se emocionaron co xornal.



























   Como os ánimos estaban un pouco exaltados, decidimos que era o momento de relaxarnos un pouquiño facendo ioga. Hoxe coñecemos e practicamos unha nova ASANA, a da TARTARUGA.







     Primeiro estivemos lendo a historia de SUPTA KURMA-ASANA: vendo que o Monte Mandara se ía afundindo a falta dunha boa base, o deus Vishnu converteuse nunha enorme tartaruga que, mergullada baixo o mar, sustentou  o monte. A tartaruga era moi forte, o monte moi elevado e para que todo estivese perfecto e ben estable, o deus Vishnu decideu convertirse tamén en águia e sentouse sobre o cume do monte Mandara para fixalo sobre o caparazón da tartaruga.











   Como vedes é unha postura ben difícil, aínda que hai algúns pementeiros/as ben flexibles que a fan perfecta e iso que só a practicamos unha vez. A ver quen se anima a practicala este fin de semana.
    E, finalmente, a relaxación plena facendo un perfecto hexágono. ¿Qué vos parece esta figura? A este grupiño saiulles xenial, a verdade.

Imagen relacionada
Resultado de imagen de gifs animados aplausosResultado de imagen de gifs animados aplausosResultado de imagen de gifs animados aplausos

3 comentarios:

  1. Que chulada, nós na casa tamén estivemos facendo ioga o venres ensinándonos Noa a nova postura e contando que fixeran unha figura en grupo de seis suxeitos das mans, e claro non entendiamos moi ben, que bo!!! Un hexágono expectacular!! Por certo moitas grazas a todo o equipo de infantil polo xornal, estamos todos na casa encantados!!!

    ResponderEliminar
  2. Enzo está encantado co ioga,os Luns xa está preguntando cando e Venres!😅, Grazas polo xornal saiu do comedor deseando ensinarnolo, e nós encantados de ter un tan bo recordo,que certo é que se nós fan maiores😭😭😭

    ResponderEliminar
  3. Que ben que vos guste ter o xornal! Eu penso que é un bonito recordo (aínda que moitas cousas non podemos recollelas), no blog todo pasa moi rápido, unha entrada enseguida desaparece porque se van superpoñendo as novas e, despois, seguro que xa non é habitual ir buscar unha información concreta no arquivo do blog, por iso me gusta o xornal, é un resumo breve fácil de gardar e recolle algunhas cousiñas interesantes. E que lles guste o ioga e o practiquen convosco, iso é xenial!!!!

    ResponderEliminar