Hoxe celebramos o Día da Paz e Non violencia. Os pementeiros/as entraron no cole todos contentos porque cando escoitan a palabra "celebrar" xa se poñen eléctricos coma as anguilas. Primeiro estivemos recordando a importancia de respectar aos demáis e, como din eles, ser amables e cariñosos e amorosos, e insistimos, unha vez máis, que non nos gustan as pelexas, as guerras nin as armas. Onte estivemos elaborando mensaxes de paz e coloreamos unhas botelliñas nas que "metemos" esas mensaxes e hoxe fomos colocalas non "Océano Pacífico" particular de infantil. Mentres estabamos deixando no "Océano Pacífico" as nosas botellas cheíñas de bos desexos, chegaron uns nenos e nenas de Primaria a comunicarnos tamén as súas mensaxes de paz.
A ver se algún mariñeiro, ou un náufrago, ou un mergullador, ou un biólogo mariño atopa algunhas destas botelliñas e le as nosas mensaxes!
Despois saímos ao patio para cantar a canción de "IMAGINE" con todos os compañeiros/as e mestres/as de Primaria e escoitar un discurso sobre a PAZ.
Tras regresar á aula, collemos os nosos papaventos, que tamén queren voar en paz, para levalos para casa. Hai algúns nens/as que non os levaron porque estiveron enfermos e ou ben non os fixeron ou ben os teñen sen rematar. Pero iremos tratando de rematalos para que os poidan levar outro día.
E os últimos pementeiros en levar a mochila pirata foron Enzo e Hugo que marcharon encantados coa mochila e co distintivo pirata.
¡¡Feliz día da paz!! a estos pementeir@s gústanlles as celebracións è poñense moi contentos,super bonitos os papaventos è a botella super orixinal coa mensaxe incluida!!! estupendo traballo pementeir@s e por suposto a Tetè!!!
ResponderEliminarSí, fixeron un bo traballo, agora toca poñer en práctica o que escribiron nas mensaxes pero todos os días do ano, para seguir disfrutando e aprendendo xuntos nun ambiente agradable.
EliminarFeliz día da Paz!!! Enzo chegou todo contento coa mochila pirata, e un pouco disgustado porque el quería ser encargado😅,estaba desexando xogar o memory,o xogo estivo moi reñido porque primeiro gañou Enzo, logo Papi e logo mami, habia que desempatar e mami quedou a primeira fora de combate, e o segundo foi papi, tivemos que darlle os parabéns a Enzo😅😅😅. Estos pementeir@s estan feitos uns cracks
ResponderEliminarPero Enzo xa sabe que os encargados van por orden, el xa é encargado cando lle toca. Todos teñen ganas de selo, por iso seguimos un orden para que todos teñan a súa oportunidade. Agora hai nenos que levan a mochila cando non o esperaban porque ao faltar nenos/as pode coincidir que sexa encargado un neno/a que xa levou a mochila,e non me parece moi xusto que un neno a leve dúas veces cando hai outros que aínda non a levaron, por iso lla vou entregando aos que non tiveron oportunidade de levala antes. Pero o sistema de encargados sigue a ser exactamente igual que sempre, cada día un, por orden alfabético, e se falta alguén pasamos ao seguinte lóxicamente. De todos xeitos alégrome de que toda a familia xogara e disfrutara coa mochila!
EliminarOxalá pensasemos en que todos os dias "tiñan" que ser o "dia da paz". Sería fantástico. E se a ilusión fose a mesma que a dos pementeiros e pementeiras onte outro "galo cantaría". Xa no patio cando chegaron pola mañan estaban cuchicheando: "hoxe é o día da paz, bravo". E é certo que a palabra "celebrar" ponos en alerta porque onte Marcos pensaba que nom tiña que levar merenda porque "imos celebrar o dia da paz" e que clase de celebración é esa sin merendola . JA JA JA
ResponderEliminarXa che digo, apúntanse a calqueira festa, romeria, celebración ou o que sexa. Aquí hai que celebrar todo!!!
EliminarPreciosos mensaxes!! Noa repetiuno constantemente e diciame tenemos que ser amables verdad mami? Y yo sin saber porque decia, con mi discurso,...claro que si,...son estupendos, moi bonita a actividade!
ResponderEliminar