Hoxe tivemos un bo día na Pementeira. Como soe ser habitual empezamos co noso ritmo cantando "Octopus´s garden" e despois rematamos os nosos papaventos de cores que queren voar nun mundo en paz. Non sei si recordades que fai uns días lemos unha historia dunha nena de Afganistán que soñaba cun mundo no que non houbera guerras e onde ela poidera voar o seu papaventos nun ceo limpo e tranquilo. Nós fixemos uns papaventos coma os dela para expresar que tamén queremos un mundo sin guerras onde os nenos e nenas teñan libros, xoguetes, parques e poidan ir ao cole cos seus amigos.
Aproveito xa esta entrada para poñer as imaxes das últimas cousas que recibimos para o recuncho do Proxecto Nautilus:
Hugo trouxo un caparazón dunha centola pero un pouco especial porque parece vestida para ir de festa con purpurina e todo. ¡Que chulada!
Anrís trouxo un tiburón de xoguete e unha pistola pirata que, por suposto, lles encantou a todos os pementeiros/as como poderedes imaxinar (porque aínda que eu insisto en que as armas son perigosas e fan dano, e queremos un mundo sin armas e sin guerras nin pelexas, a mensaxe parece que non cala moi fondo e as "loitas" neste grupo pementeiro parece que están á orde do día; esperemos que sexa unha fase de liberación de enerxía e firmemos o armisticio pronto)
Noa trouxo un obxecto moi curioso, un bourel, eu non sabía como se chamaba pero Noa xa nos explicou que se engancha nas redes e cando se enchen de sardiñas o bourel afúndese e así os mariñeiros xa saben que poden recoller as redes porque están cheas de peixe. Parabéns a Noa que nos explicou moi ben como se emprega este artiluxio! (Que conste en acta que aínda que trouxo "chuleta", ela explicou todo antes de que eu vira o papel).
Aleixo trouxo unhas fotografías súas do día que visitou o Museo de Historia Natural de Compostela (como el dí), explicounos que había animais do mar e ósos de dinosaurio que lle gustaron moito. Paréceme xenial que os nenos e nenas visiten estes museos porque teñen cousas moi interesantes e a eles gústanlles moito e, como consecuencia, aprenden con facilidade e disfrutando un montón de cousas. Dá gusto ver como observa todo atentamente.
E, por último as últimas pementeiras que tiveron a sorte de levar a mochila pirata foron Noa e Sara García. ¡Mirade qué contentas estaban! Noa xa nos contou que o pasou moi ben e que xogou moitas veces ao memory. A ver que nos conta Sara mañán.
Noraboa por eses papaventos espectaculares! Desexamos que voen en paz.
ResponderEliminarMoi curioso o BOUREL , non o coñeciamos e pareceunos interesante. Gracias Noa (e familia) por ensinarnos cousas novas; e a Teté por compartilo con nos.
Encantoume o papavento, moi boa idea cunha mellor mensaxe!! Como me alegro que se atrevera a contarvos, por se acaso non se atrevia, ia a chuleta, jeje, eu xa lle dixen que estaba moi contenta e orgullosa dela! En canto á mochila foi xenial unha tarde divertida de competición a ver quen gañaba e non minto dicindo que a maioria das veces foi ela, Jijijijii,...unha pasada o control e axilidade no xogo, o xogo de palabras e sílabas xenial,bueno e o conto, poemas,... vou a copiar idea de todo como recurso para casa😉
ResponderEliminarGrazas Teté!!!
Encantoume os papaventos de estos pementeiros/as grazas Noa por ese artiluxio tan curioso Adan explícounos con todo detalle o q era o Bourel si q estuvo atento sorprendeunos
ResponderEliminar