Continuamos facendo as definicións das novas palabras que imos aprendendo. Hoxe vouvos mostrar os últimos dous vídeos realizados. Primeiro Óscar explicou o significado da palabra KRILL. ¡Escoitádeo con atención porque o fixo moi ben! ¡Parabéns Óscar!
Despois veredes a Valeria que nos explicou o que é un ESCUALO. Teño que felicitala públicamente por animarse a saír voluntaria, por ser decidida e por facelo tan ben. ¡Alégrame moito que novos/as pementeiros/as se animen a participar nesta actividade tan interesante! Estamos aprendendo moitas cousas novas.
A ver que novas palabras van xurdindo e a ver que novos/as pementeiros/as se van animado a participar.¡Isto vai xenial!
Agora aquí vos deixo as fotos dos últimos pementeiros que levaron a mochila pirata á súa casa. ¡Qué satisfeitos estaban Alejandro Vázquez Seco e Carmen! ¡Mirade!
E, para rematar,mirade que vistosos quedaron os cabaliños de mar que estiveron pintando os nenos e nenas a semana pasada (cando estaban tan relaxados pintando e cantando no vídeo, ¿recordades?). A min paréceme que están superchulos e sei que a eles lles encantaron cando os viron colocados no noso corredor (que cada día está máis bonito)
Valeria chegou moi contenta a casa por grabar o video, despois de tanto animala da gusto ver o resultado.
ResponderEliminarCréeme que me alegrei moitísimo de que se animara a sair. Intentouno con moito interese e paciencia cando se olvidaba algunha cousiña e tiñamos que repetir ou cando algún compañeiro interrumpía (porque costa moito aguantar calados e quietos nestes menesteres). Así que non teño máis que felicitala e encántame que vós tamén disfrutedes vendo o ben que o fixo e a animedes a seguir esforzándose. Grazas por poñer este comentario no blog, porque percibir que vós entendedes o que intento facer na aula, que disfrutades vendo que os vosos fillos poden traballar moitas habilidades no cole e que se sinten moi ben cando logran superar un reto, é unha satisfacción, de verdade. Seguide animando a Valeria a facer cousas por si mesma e a superarse!!!!
EliminarÓscar non fai mais que falar das cousas do mar con todos os da casa, ten debuxos que fai na casa de peixes, barcos algas, etc, ilustranos a todos jajaja, como traballan estes pementeiros
ResponderEliminarA verdade é que sí que traballan e aprenden moito, o máis difícil é lograr un pouco de calma e silencio na aula, porque non paran un minuto e son tantos que cando empezan a berrar é dif´´icil concentrarse ou escoitar algo. Pero resulta que deben escoitar máis do que eu penso porque saben moitas cousas, memorizan moito vocabulario e información en xeral e teño que dicir que participan en todo, sempre teño voluntarios e cando facemos algunha actividade concreta, como por exemplo os cabaliños de mar, se lles gusta aplauden e repiten mil veces o chula que quedou, e iso encántame, que se entusiasmen co traballo de aula, é xenial!!!! Son estupendos!
ResponderEliminarQue ben o fixeron! A verdade é que están emocionados, Noa cada día conta algo novo, palabras novas, chasquidos que se fan nas cancións,...é xenial!!
ResponderEliminar