Queda pouco para o Día da Paz e nós seguimos lendo historias diversas que nos fagan reflexionar sobre as cousas que nos fan sentir ben e as que nos fan sentir mal, sobre como podemos intentar que o mundo no que vivimos sexa mellor e para solucionar os conflictos sen violencia.
Para empezar a xornada estamos escoitando desde fai uns días a canción de Ringo Starr, "O xardín do polbo", porque nos fai sentir emocións moi positivas (e os pementeiros/as xa empezan a repetir algunhas frases en inglés). É unha canción alegre, animada, que nos mergulla nunha atmósfera de armonía. E hoxe engadimos unha nova canción, porque vai a ser a que se escoite polo cole o Día da Paz, "Imagine" de John Lennon. Como vedes a cousa vai dos Beatles.
Despois de cantar, lemos unha divertida historia sobre uns monstros de cores diferentes que nos ían contando distintas situacións e as emocións que lle ían provocando. Como o libro trae as máscaras dos monstros, pois os pementeiros/as podían coller a máscara e explicarlle ao grupo qué situacións lles fan a eles sentirse alegres, asustados, preocupados, enfadados, amorosos, graciosos...
Estar "protexidos" polas máscaras monstruosas axuda a contar algún segredo, a falar diante do grupo, a revestir de bo humor algúns sentementos "negativos"...
Xurdiron algunhas cousas bastantes interesantes. Por exemplo:
1.- ¿Que che fai sentir feliz?
-Xogar co meu irmán.
- Que papá me deixe ver a tele.
- Pintar.
- Ver a mamá.
- Contar chistes.
2.- ¿Que che fai sentir triste?
-Que papá y mamá me castiguen.
- Que papá no me deje jugar al fútbol.
- Que me empujen.
3.- ¿Que che fai sentir agarimoso?
- Que me den bicos.
- Que me den apertas.
4.- ¿Que che fai estar preocupado?
- Que mamá e papá marchen sin min.
- Que mi padre se muera.
-Que mamá y papá no estén en casa.
5.- ¿Que che fai sentirte gracioso como un pallaso?
- Saltar muy alto en la colchoneta.
- Poner una cara graciosa.
- Facer tonterías.
6.- ¿Que che fai sentirte enfadado?
- Que me escupan.
-Que me aplasten.
- Que me den patadas.
7.- ¿Que che fai sentir medo?
-Que me den un susto.
-Cuando escucho un ruído de un murciélago.
-Cuando escucho el ruído de un fantasma.
Para os pequenos/as é complicado identificar todas as emocións e poñer exemplos das mesmas, por iso moitas veces repiten a resposta dun compañeiro ou o exemplo do libro. Pero pouco a pouco, na aula estamos intentando identificar diferentes sentementos e tratamos de poñerlle un nome un pouco máis preciso a algunhas emocións porque non podemos reducir as nosas vivencias a "estar contento", "estar triste" e "estar enfadado". Sei que non é fácil pero ¿que vos parece se, entre todos, intentamos empregar máis adxectivos para expresar como nos sentimos e así axudar aos peques a ir coñecéndonos e coñecéndose?. Algunhas popostas poden ser:
Neste momento estoume sentindo...
decepcionado/a
disgustado/a
cansado/a
orgulloso/a
agradecido/a
emocionado/a
nervioso/a
asustado/a
tranquilo/a
relaxado/a
tenso/a
animado/a
avergonzado/a
preocupado/a
sorprendido/a
arrepentido/a
impaciente
Seguro que a vós se vos ocurren un montón máis de adxectivos.
Ohhhhh encántame o conto do monstruo,pareceme xenial o de expresarnos mellor para axudalos cas suas emocións,nós polo menos sempre o intentamos para que fale e se exprese,parece que moito non funciona pero non perdo as ganas de seguir ¡¡intentandoo!!!!!
ResponderEliminarTodos algunha vez pensamos que non funciona falar, cando repetimos unha cousa unha e outra vez e temos a sensación de que non nos escoitan, é verdade, somos humanos , pero seguimos perseverando e tratando de insistir, tratando de fomentar a reflexión e o recoñecemento das nosas emocións e tamén das dos demáis e procurando que os nenos/as expresen o que sinten para ir canalizando mellor os enfados e as frustracións. Non é un camiño fácil pero intentalo xa está ben, e seguro que pouco a pouco imos conseguindo cambios e melloras de certas conductas. Sempre hai díasmellores e días peores, como en todo, claro. Pero é xenial que vos gusten este tipo de relatos e materiais porque son divertidos e permiten xogar e promover conversas máis espontáneas.
EliminarO luns puxen a canción pero non dixo nada, pero cando onte vimos o libro xa dixo que o tiña ela e non vexas que entrega cantando "imagine", pensei que me daba a risa cada vez que dicía "people", jajajaja... a ver se lle van collendo o punto e podo gravalos.
ResponderEliminarXenial o libro das emocions con esas mascaras de monstruos. E imos poñernos as pilas na casa para empregar mais adxectivos referidos as emocions. Por certo, encantanos a cancion "octopus's garden" (non a coñecia).
ResponderEliminarQue chulo o conto! Non o coñecia, o inglés é a miña asignatura pendente tamén jijiji. En canto a canción pensei na casa que toleaba, levaba días buscando a canción que me dicia,...aparecen catro nenos e un pulpo, ata que me confirmou que era dos Beatles e acertamos! Menudo baile botamos onte á tarde Jijijijii, gustoume moito!
ResponderEliminarNa casa seguiremos poñendo nome ás emocións😉😘