UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 27 de enero de 2018

SAÚDO AO SOL

      Onte venres disfrutamos da nosa sesión de ioga habitual dentro do día 100% saudable e tivemos ocasión de practicar unha nova postura ou, mellor dito, unha completa secuencia de posturas: O SAÚDO AO SOL.


     Aos pementeiros/as, en xeral, gustoulles moito practicar toda a secuencia. Primeiro contamos a historia de LORD SURYA e HANUMAN e despois empezamos a facer cada unha das posicións ata, finalmente, facer toda a secuencia sin parar. E, a verdade, algúns nenos e nenas puxeron moito interese en aprender e o resultado foi fantástico. Espero que, unha vez máis, practiquedes o saúdo ao sol en familia coa axuda insustituible, necesaria e fundamental dos vosos fillos/as que actuarán, seguro, como guías e mestres igual que fixo Lord Surya desde o seu carruaxe tirado por sete cabalos de luz co mono Hanuman.














     Hoxe recibimos na aula un simpático monstro de cores que nos trouxo Icía e que vai quedar uns días connosco porque, como estamos falando moito das nosas emocións e tamén lemos contos de monstros, pois Icía pensou que o seu amiguete estaría a gusto por aquí. E Alejandro trouxo unhas fotos da súa visita ao Acuario Finisterrae. Estaba supercontento de mostrarnos todos os peixes que había. ¡Cómo lles gustan aos pementeiros/as os acuarios!

     Antes de marchar fixemos a nsa lista dos BOS RECORDOS da semana. Cada pementeiro/a pode dicir se lle queda algún bo recordo desta semana, algunha actividade ou situación vivida no cole que lle fixo sentir ben, feliz, a gusto... E, tamén, fixemos o XURAMENTO PIRATA que a todos lles entusiasma.

     E aquí vos deixo un vídeo dos nenos e nenas traballadores da Pementeira. ¡Ás veces conseguímolo! Ambiente relaxado, traballo agradable e ben feito e novos coñecementos.¡Qué máis podemos pedir!
Resultado de imagen de gifs animados buen fin de semana

3 comentarios:

  1. Que maravilla ver a todos asi facendo yoga. Dan unha sensacion de paz..., jeje. A Yeico gustalle moito, e unha das poucas cousas que sempre me conta. Pero bueno, cada vez conta mais cousas na casa...Pareceme un privilexio que os pais teñamos acceso a un blog asi, e poder coñecer todo o que traballan estes pementeiros e por suposto a profe. Moitas felicidades a todos e moitas gracias Tete.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas Silvia pola parte que me toca, pero é fácil facer cousas cando o grupo ten unha actitude positiva cara as diferentes actividades e, neste caso, soe ser así maioría das veces. Noutras ocasións, partindo da base de que teñen 4 anos, hai días que non vai todo tan rodado pero é lóxico, son moitos nenos e aínda están empezando a vivir...E as familias axudan moitísimo, non o dubidedes!!! O blog para min tamén é unha boa ferramenta precisamente porque podedes ver moitas cousas que eles non contan (é normal, as súas emocións e actividades sucédense con rapidez ecando saen do cole xa están pensando noutras cousas diferentes e iso non é malo; despois de repente recordan o que sexa e xa o contan ou simplemente falan de certas cousas sin especificar que teñen que ver co cole porque para eles é todo máis fluído, as súas experiencias non están tan clasificadas por "lugares" ou "horarios"). O feito de que miredes o blog xa é estupendo porque podedes facer preguntas máis concretas sobre unha cuestión ou conversar sobre un tema determinado partindo da base de que no cole lemos unha historia sobre iso ou fixemos unha ficha ou o que sexa. GRAZAS MIL por visitar o blog e por apreciar o traballo das mestras de infantil!!!

      Eliminar
  2. Paréceme xenial!!!! entre cantar "Imagine" e facer ioga, non me cabe dúbida de que os fins de semana son animados na vosa casa. Paréceme fantástico que estes pementeiros/as teñan esas ganas de organizar actividades na familia,e si esas actividades teñen que ver coa arte (música, danza, pintura, teatro...),a literatura, o deporte... xa levades un 10 na asignatura de "organización axeitada do tempo de lecer"!

    ResponderEliminar