UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 28 de marzo de 2019

TALLER DE MODELADO

   Onte tivemos a última xornada de traballo conxunto cos alumnos de 4ºB relacionado co tema da Mitoloxía. Como xa sabedes, en primeiro lugar tivemos a oportunidade de ver unhas breves representacións teatrais de diversos mitos gregos que os nenos e nenas de 4º fixeron para os peques de infantil. A segunda sesión consistiu nunha exposición oral de diferentes mitos do mundo (co apoio das imaxes que conforman a decoración do espazo de infantil) feita polos nenos de A Pementeira (5 anos) e A Sementeira (4 anos). Nesta ocasión tanto a profe Ana como eu mesma lle agradecemos moito á profe Xela que nos propuxera esta actividade porque foi moi gratificante que se contara cos nenos e nenas de infantil para aportar o que eles saben a nenos/as maiores que, por certo, os escoitaron con interese e atención.  E, por último, onte tivemos un taller de modelado todos xuntos. os nenos e nenas de 4 anos, de 5 anos e os de 4ª. 
     Na aula de psico colocamos unhas mesas para que todo o grupo poidera traballar coa pasta de modelar elaborando trisqueis e cabezas de Medusa. Creo que todos disfrutaron moito, desde logo os pementeiros/as podo asegurar que sí o fixeron. Os alumnos/as maiores tiñan moitas ganas de axudalos, de explicarlles como facer as cousas e de estar con eles e iso sempre se agradece. foi unha auténtica xornada de confraternización.






























Resultado de imagen de gifs animados escultura
   Agora solo nos falta a parte da policromía. Cando rematemos de pintar as nosas obras de arte, pensamos que sería boa idea facer unha pequena exposición. Xa vos iremos contando.

miércoles, 27 de marzo de 2019

O CUMPLE DE ÓSCAR

       O martes celebramos o cumple doutro pementeiro máis que xa ten 6 anos: Óscar . Chegou ao cole encantado porque os aniversarios na Pementeira producen moita satisfacción e felicidade. Así que, como é habitual, tocou soplar as candeas Óscar foi moi preciso e so tivo que soprar unha vez!) e compartir con todos/as o delicioso biscoito.
 Resultado de imagen de gifs animados feliz cumpleaños

















Resultado de imagen de gifs animados feliz cumpleaños